As mulleres tamén entran na Rede

 
Clara Millán asistiu á ultima xornada das clases de infomática na Casa de Oficios.  / MARCOS CANOSA
Clara Millán asistiu á ultima xornada das clases de infomática na Casa de Oficios. / MARCOS CANOSA 

A alcaldesa clausurou onte un curso de Internet na Casa de Oficios ó que asistiron 16 mulleres

G.M.P. / CANGAS A aula de informática da Casa de Oficios de Cangas serviu onte de escenario para a clausura do Curso de Recursos na Rede de Internet para Mulleres, concedido pola Vicepresidencia de Igualdade e organizado polo Concello. Na actividade participaron 16 mulleres, que recibiron 20 horas de clases prácticas dende o 1 ó 10 de abril. A alcaldesa, Clara Millán -que tamén asume a área municipal de Igualdade-, pechou onte a actividade cunha visita na que puido comprobar os avances realizados polas alumnas, que xa poden facer xestións como a solicitude de cita médica ou a emisión e recepción de información e mensaxes a través do correo electrónico.
O curso enmárcase no proxecto Avanza, "que estimula a formación das mulleres nas novas tecnoloxías para ampliar as súas oportunidades para acceder mellor aos recursos a través do entrenamento en habilidades instrumentais", segundo os promotores. As participantes mostráronse satisfeitas da experiencia e pediron máis iniciativas deste tipo. A rexedora comprometeuse a seguir este tipo de cursos e incrementalos con outro de perfeccionamento.

Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya