Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Teresa Pérez Tilve: "O libro está inspirado en vivenzas persoais, pero non é unha biografía"

"É unha experiencia entre unha nai e unha filla na que o Alzhéimer está presente"

García, Tilve, Cuíña e Miguélez na Casa da Cultura. // Bernabé

A Casa da Cultura de Silleda acolleu onte a presentación da primeira incursión literaria de Teresa Pérez Tilve,o libro A carón da Máquina. O acto contou coa presenza tamén da profesora Pilar Sampedro; de Marisa Miguélez, a ilustradora do libro; o alcalde Silleda, Manuel Cuíña; o secretario xeral de Política Ligüística, Valentín García; así como a propia autora, que foi docente en Lalín e Silleda e incluso directora do IES Pintor Colmeiro.

-En que consiste a obra?

-A obra, basicamente, trata das relacións dunha nai e dunha filla en distintos momentos da súa vida. Está inspirada en vivencias persoais, aínda que non é unha biografía clásica, si son episodios da vida que marcaron o futuro tanto da vida como da nai. No libro hai dous tipos de capítulos, nuns represéntanse vivencias dunha infancia rural, e noutros hai un salto no tempo e esa nena pasa a ser unha muller adulta que ten un diálogo, que se vai convertindo pouco a pouco nun monólogo, cunha nai que está perdendo a memoria, porque ten Alzhéimer. Nos capítulos impares a filla ten unha nai que é moi disposta, moi decidida, namentras que nos capítulos pares a nai xa se vai deteriorándo, ata ser unha persoa dependente dos coidados dos fillos. O personaxe protagonista é unha nena, Teresiña, no é cuasalidade que se chame coma min [ri], e logo está o diálogo desta muller coa sua nai para recordar aspectos moi importantes que deciden o seu futuro.

-Abódase entón a problemática do Alzéhimer?

-Bueno, agora fálase moito dela, antes non se falaba nada, parecía normal que ás persoas maiores se lles fora a cabeza cando xa tiñan unha idade. Agora dase tamén en persoas moi novas, é unha enfermidade terrible que vai borrando os recordos e para as persoas que a sofren en primeira man, é unha experiencia bastante dolorosa. Penso que é bo falar deste tema, pero neste caso non é unha disertación, senón que é unha experiencia persoal entre nai e filla, na que esta enfermidade está presente.

-Cando decidiu poñerse a escribir?

-Dediqueime á ensinanza durante casi 40 anos. Cando me xubilei quería facer algo diferente e xa escribira un par de relatos illados que agora forman parte do libro, pero sen un plan decidido. Ao alcanzar a xubilación fixen a tese doctoral na universidade, para seguir traballando en temas que me permitiran seguir investigando e continuar utilizando a lingua inglesa. Ao memos tempo, elexín un tema que estudaba a relacións entre nais e fillas. Tras rematar a tese, pensei que lle podía dar un enfoque aos meus relatos, que nun principio non tiñan unha ligazón, e desenvoler o tema da relacións entre nais e fillas dunha maneira máis persoal. Así que de creación propia, é o primeiro libro, aínda que a tese foi unha maneira para profundizar nestes temas e ver como se tratan noutras literaturas.

-Na obra tamén está presente a ilustración, que importancia ten?

- Serve para diferenciar os capítulos, por que a ilustración introduce os capítulos relativos á infancia e a adolescencia da protagonista. Nos outros capítulos non hai, porque as imaxes poñen unha nota de colorido e de alegría que axudan a diferenciar as dúas situacións que hai no libro. Teño que lle agradecer a miña compañeira, Marisa Miguélez, que xenerosamente fixo as ilustracións.

Compartir el artículo

stats