A xornada estivo animada con actividades organizadas pola APEC. O grupo de gaitas Punteirolo foi o encargado de amenizar a mañá. Durante todo maio os 60 negocios asociados ao colectivo repartiron rifas para entrar nun sorteo de 300 euros que tivo lugar onte."Non é preciso que estean presentes, o gañador avisarémolo por teléfono, pero as rifas teñen que ser hoxe depositadas nunha furna na Praza do Mercado", explicou onte Lupe Pampín, presidenta do colectivo. Tamén houbo inchables e xogos tradicionais por cortesía de Discóbolo e a poetisa cruceña Iria Pedreira narrou en galego e en lingua de signos o conto O océano e a natureza. Os bares asociados prepararon para o serán unhas tapas especias por un euro ou gratis para aquelas persoas que fixeron ao longo do día unha compra mínima de 15 euros nos locais adheridos.