| A Asociación Cultural O Castro de Callobre decidiu impulsar a creación dos Maios, o 17 de maio, como conmemoración das Letras Galegas. A xornada comezou a primeira hora de onte, depositando os Maios no Castro. A continuación deu comezo unha excursión ata A Fervenza, nun percorrido circular para mostrar aos asistentes a beleza do río e de toda a contorna recentemente recuperada. Houbo ademais unha exposición integrada por 400 fotografías antigas cedidas para a ocasión por veciños da parroquia, que puideron gozar así vendo aos seus antepasados ou momentos importantes na zona. Os asistentes comeron de picnic e celebráronse os Maios, bailando ao redor deles e cantando as coplas. Un grupo de gaiteiros amenizou a festa, na que tiveron tamén un gran protagonismo os xogos populares para nenos.