O municipio rodeirense tamén se suma hoxe á conmemoración do Día das Letras Galegas e faino coa celebración do XI Festival das Letras Galegas. O acto será ás 20.30 horas e terá como escenario o centro cultural Manuel Lamazares. Actuará a Coral Polifónica de Rodeiro, agrupación encargada da organización de dito evento.