O departamento municipal de Cultura de Rodeiro organiza hoxe unha actividade relacionada co Día das Letras Galegas e da súa homenaxeada este ano, María Victoria Moreno. A actividade terá como protagonista á autora María Larraitz Urrosola, que presentará a proposta Babacontos con María Victoria Moreno. A actividade será a partir das 11.30 horas no centro cultural Manuel Lamazares.