Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Non aumentou a violencia entre a xente máis nova"

-¿Cómpre reformar o Código Penal ou outra normativa en materia de violencia de xénero?

-Co Pacto de Estado avanzouse moito e hai reformas interesantes, pero tamén é certo que non existe a perspectiva de xénero na carreira xudicial e que hai un déficit de formación moi elevado. Está todo moi estereotipado. Sempre se fala das denuncias falsas en violencia sexista, e teño que aclarar que, de 9.000 denuncias recollidas no xulgado de Vigo, só unha foi falsa. Hai que pensar que unha cousa é unha denuncia falsa e outra moi distinta que o que me relaten non texa encaixe no actual Código Penal. Por iso eu teño que autoformarme. En canto ao medo ou non a denunciar cando se sofre violencia de xénero, teño claro que as mulleres, cando ven que está en perigo a súa vida, van denunciar sempre.

-Outro dos tópicos, amais das denuncias falsas (das que queda claro que son unha porcentaxe ínfima), é un suposto incremento da violencia de xénero entre parellas de adolescentes ou de adultos novos. ¿É certo?

-Iso para min é unha fake new [unha noticia falsa que só leva á desinformación ou ao engano], pois penso que non existe un repunte da violencia entre os xóvenes. En todo caso, para saber con exactitude se está aumentando a violencia de xénero en xeral, habería que facer moitas estatísticas, porque é a maneira de visualizar o que está pasando. O que ocorre, creo eu, non é que haxa máis violencia contra a muller, non penso que haxa un repunte, senón que existe máis visualización do que pode estar acontecendo. Por exemplo, se a unha muller lle preguntas se sufriu abusos sexuais, seguro que di que non, pero se a pregunta é neutra, máis concreta, por exemplo, se algunha vez sufriu tocamentos, igual a resposta é que si. Desta maneira, pode pasar que haxa máis denuncias, pero non que haxa máis violencia. Antes os homes tiñan máis poder, e agora, a través dos movementos feministas, temos qué pensar que nos ofrecen os homes.

Compartir el artículo

stats