| O IES Laxeiro de Lalín acolleu no día de onte varias actividades dedicadas ao seu alumnado que se centraron principalmente na música e na literatura. Pola mañá, o grupo italiano Sona Majella realizou un concerto no salón de actos do centro dezano para os alumnos de 2º e 3º da ESO y para os de 1º e 2º de Bachillerato, é dicir, aqueles que na actualidade cursan Música no instituto. A agrupación transalpina, que xa actuou a fin de semana nun Encontro Musical en Agolada, deu a coñecer o seu repertorio ante os rapaces. Pola súa parte, pola tarde, a autora Eva Mejuto presentou ao alumnado que participa no clube de lectura de igualdade o seu libro 22 segundos. O libro, que fala da experiencia dunha persoa transexual, axudará aos estudantes a coñecer a diversidade de identidade de xénero que existe, para normalizar un asunto ao que se enfrontan moitos rapaces e rapazas.