Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Javier Blanco Carballal; "Temos un camiño duro e longo que facer se queremos recuperar a Alcaldía"

"Estes tres anos de cuatripartito non favoreceron para nada o progreso de Lalín"

Blanco, onte, no Quilómetro Cero de Lalín. // Bernabé/Javier Lalín

Javier Blanco, que leva moitos anos no seo da familia do Partido Popular de Lalín, será unha das persoas encargadas de coordenar a celebración, en xuño, do congreso do partido na localidade; unha cita fundamental para que esta organización se arme de cara ás vindeiras eleccións de xuño de 2019. A xunta local e a dirección provincial respaldárono para ocupar unha nova responsabilidade, ser o voceiro da agrupación que ten a José Crespo como presidente e tamén voceiro do grupo municipal. O responsable do PP na provincia, Alfonso Rueda, e cargos orgánicos e militantes locais apostaron por Blanco para ser a voz do partido a pouco máis dun ano das vindeiras eleccións locais. Considera necesaria a renovación, mais sen esquecer que solo con caras novas non está garantido o éxito se non se conta coa experiencia dos que levan moitos anos e coñcecen a política e teñen experiencia na xestión. Precisamente esta é unha das cousas que lle achaca, por carecer dela, ao goberno lalinense.

-¿Como asume esta nova responsabilidade orgánica, posto para o que conta coas bendicións do partido a nivel provincial e local?

-Moi agradecido pola confianza tanto dos mandos do partido a nivel local e provincial, pero sobre todo polo apoio dos compañeiros a nivel local. Desde o primeiro momento todo foron felicitacións, mostras de ánimo e arroupamento. Pero á vez síntome coa responsabilidade de non fallar a esa confianza e tratarei de facelo o mellor posible.

-¿Cal cre que vai ser a súa función nesta etapa?

-Basicamente dúas; por un lado facer unha crítica constuctiva e real das sitación do goberno de Lalín, facendo chegarlle á xente cal é a nosa visión das cousas que non está facendo ben o goberno, e por outra, mandar unha mensaxe positiva sobre a alternativa que nós propoñemos de cara ás vindeiras eleccións municipais para poder conseguir que Lalín estea de novo nos primeiros postos de Galicia. Estes tres anos de cuartipartito no favoreceron para nada o progreso de Lalín

-Imos a falar deso, entón. ¿Cales son as principais eivas deste goberno?

-Hai un problema evidente de xestión, estanse a perder subvencións públicas, en transparencia que tanto do que tanto se pregonou, estase vendo que non; non están aparecendo os informes ou estanse a entregar tarde. Hai un problema de transparencia, de xestión, e incluso diría que de inoperancia, porque preséntanse moitos proxectos e logo vese que non se levan a cabo. Tamén hai outra cuestión, da a sensación de que son catro partidos que cada un adícase ao seu e non hai unha idea conxunta; están máis preocupados por seguir no goberno que por resolver os problemas dos cidadáns.

-Parte do seu traballo será tamén o de visibilizar o traballo feito na oposición para, nun ano, tratar de reconquistar a Alcaldía...

-Si claro. Pretendemos que en Lalín se sigan facendo cousas, que os emprendedores poidan asentarse aquí. Teremos que facer un programa electoral, tamén pero non un programa porque si, senón tamén en base a falar moito coa xente e escoitala para que nos digan os problemas que ven no Concello para logo nós aportar solucións. Temos por diante un camiño duro, logo, pero que temos que facelo se queremos recuperar a Alcaldía.

-¿Considera necesaria unha renovación?

-Nun partido como o PP todo o mundo ten cabida. Todos si necesitan xente de refresco, pero non debemos desbotar a xente que leva moitos anos e ten experiencia. Creo que neste congreso debemos facer un equipo moi homoxéneo que conteña ao mismo tempo o aire novo da renovación e a experiencia. Sería un erro pensar que con cambiar todo imos conseguir algo ou que con manter todo imos conseguir algo; hai que conxugar todo: renovación e experiencia.

Compartir el artículo

stats