14 de abril de 2018
14.04.2018

Adxudican cen obradoiros de "Depo en marcha" para 37 entidades provinciais

14.04.2018 | 03:11

A Deputación de Pontevedra deu a coñecer a adxudicación de cen obradoiros do programa "Depo en marcha 2018" para entidades de 37 concellos. Están dirixidos a entidades de maiores, persoas pensionistas, prexubiladas, xubiladas e outras entidades sociais da provincia, naceron, tal e como explicou a presidenta Carmela Silva, "porque as persoas maiores viven cada vez máis situacións de soidade e as administracións debemos poñer en marcha alternativas para frear esta situación, favorecer o envellecemento activo e evitar situacións de aillamento". O plan espallará obradoiros englobados nas áreas temáticas de Traballando coas mans, Entre fogóns, Aprendendo da natureza, Móvete, Activando corpo e mente, Enredando, Dálle marcha e En rede. Os obxectivos desta iniciativa son favorecer o envellecemento activo das persoas maiores con obradoiros que axudan a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a súa calidade de vida, establecer relacións sociais e fomentar a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciar movementos de participación, espazos de encontro e intercambio de experiencias e favorecer a súa independencia para evitar o illamento e situacións de soidade.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine