A ANPA Picariños, do colexio estradense de Figueiroa, celebrará este xoves, 1 de marzo, a segunda sesión da Escola de Familias. Será no salón de actos do centro, a partires das 20.00 horas. A asociación anima ás familias do colexio a acudir a esta actividade, que estará conducida polo doutor en Psicoloxía Carlos Vila. Estas xornadas inciden la práctica da escoita activa, na habilidade para motivar, na empatía e no diálogo para teren unha boa comunicación en familia.