O recoñecmento público que se brindará na Estrada este venres ao sector gandeiro premiará o traballo de dez explotacións leiteiras do municipio estradense e de Forcarei. En concreto, distinguirase a cinco gandeirías de máis de 60 vacas e a outras cinco de menos de 60, todas elas segundo os parámetros de control leiteiro que manexa Africor.

O evento celebrarse no Restaurante Samaná e está prevista a asistencia da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez. O sector aproveitará a ocasión para, a través dun representante, facer chegar as súas reivindicacións e inquedanzas. Os gañadores deste premios -consiste nu trofeo simbólico- non se conocerán ata o momento da entrega.