A Casa da Xuventude de Silleda acollerá o próximo sábado día 24 de febreiro a presentación do libro infantil Marisé e o loro Ravachol, da autoría de María Fanjul e ilustrado pola lalinense Sehila Rodríguez, que publica Edicións Fervenza. No acto, que terá lugar as 18.00 horas, haberá actividades para os máis cativos.

- De que trata Marisé e o loro Ravachol?

- É un conto infantil. A autora, María Fanjul, é unha profesora de infantil que é de Pontevedra. Para explicarlle á súa filla a importancia do loro Ravachol que é unha figura moi importante da cidade, creou este conto para explicarlle á nena. Cando rapaza medrou, comezou a utilizar o conto cos alumnos. Polo que o conto é a historia do loro Ravachol. Era un loro que estaba nunha botica e era moi mal falado e cando morreu foi un gran drama porque todo o mundo lle tiña cariño. Agora nos entroido a xente rememora o seu enterro. No conto, unha nai cunha filla, disfrazadas de loito no día do enterro do loro no día de entroido; a nena pregunta polo estatua dedicada ao loro ubicada na Praza da Peregrina, en Pontevedra, e a nai e a filla viaxan no tempo a cando existía o loro Ravachol e coñecen ao dono, para explicarlle o por que do nome.

-É a primeira vez que ilustra?

-O traballo de deseño gráfico fágoo a diario, pero o que é ilustrar un conto enteiro, foi a primeira vez. Aínda que para ilustrar utilízase moitas ferramentas do ordenador que eu por exemplo uso a diario.

-Cales foron as dificultades que veu?

-Moitas, aínda que uso ferramentas a diario, con deseño gráfico como moito fas unha figura ou podes crear un personaxe para algunha campaña, pero logo darlle forma e movemento, cando son debuxos na que a escea sucede toda na mesma localización. A rapaza está na Praza da Peregrina e logo aparece na botica onde estaba o loro, por iso é difícil buscar algo diferente, darlle movemento a unha escena que está sempre na mesma ubicación. É necesario tamén xogar un pouco coa expresión das caras, porque por exemplo cando morre o loro, a rapaza ten que estar triste. E tamén, outro punto importante era que lle gustara á protagonista, porque a rapaza do conto, na realidade é a filla da autora. Entón era unha dificultade buscar as súas similitudes e ademais sabendo o significado que tiña para ambas.

-Inspirouse na caracterización nalgún debuxo en particular?

- Por exemplo, a personaxe da nai de Marisé fíxeno un pouco máis libre, collendo o que é os tons do pelo para identificala. Na nena, a autora quería que tivese certo parecido coa súa filla e, salvando as diferenzas, algún puiden facer. O que si tiven foi traballo de documentación, no sentido de que por exemplo a igrexa da Peregrina facela o máis parecida posible, tendo que buscar algo da historia do loro e do dono Perfecto Feijoo, que non saía nin como era. Por exemplo, no tempo no que vivían eles a Praza da Peregrina as escaleiras non estaban igual que están ao día de hoxe. Por iso tiven que facer unha labor de documentación.