Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Concertos solidarios para recadar fondos

Para continuar a súa colaboración con SOS Refugiados España, Ferradás púxose en contacto con outras dúas rapazas para mandar axuda humanitaria. Cada unha delas, nas súas respectivas cidades recollerá tanto diñeiro, comida e produtos de hixiene para envialo a Grecia logo dunha vez. Pola súa parte, a lalinense decidiu poñer en marcha un concerto itinerario polos bares da cabeceira comarcal dezana. Varios artistas locais xa lle confirmaron a súa asistencia, para un evento que está programado para o próximo 10 de marzo.Polo de momento, aínda non está concretado algúns aspectos da actividade, que se irán cerrando nos próximos días.

Os asistentes poden poñer o seu gran de area de varias maneiras, pero sen dúbida o máis práctico e o ingreso de diñeiro, "xa solo mandar un palé coa comida custa 120 euros, diñeiro que se perde, aínda que entendo que a xente lle sexa máis doado dar iso que diñeiro", explica Ferradás. Así, facilita o seguinte número de conta para aqueles que queiran axudar: ES3820 8050 4117 3040 037874.

Tamén hai varios establecementos colaboradores -A Tasca, Casino de Lalín, Segrel, Doña Maruja- ao que aínda se lle pode sumar algún máis e onde se van a poñer os actos. Nos próximos días, nas redes sociais explicará máis de como se pode axudar e o horario das actividades.

Compartir el artículo

stats