A ordenanza establece prezos de entre 1 e 4 euros por persoa -con descontos- para visitas guiadas ao espacio científico ou de ata 264 euros no caso de grupos para citas fóra do horario de apertura do laboratorio. Poden acceder gratuitamente a este espazo de investigación aqueles grupos de centros de educación regrada non superior, pública e privada, así como membros de Universidades, públicas e privadas, en visitas organizadas por estas entidades. Tamén os que acrediten estar realizando tarefas de investigación en centros ou universidades públicas ou aquelas outras que acrediten relevancia, interese patrimonial e conexión do servizo solicitado cos fins propios do centro, así como as que incidan na súa investigación e na difusión do patrimonio ou as que están a traballar para a protección, conservación, ou posta en valor do patrimonio arqueolóxico. O acceso á área expositiva é gratis en todos os casos.