15 de febrero de 2018
15.02.2018

As ´damas de papel´ gañan en Silleda

'Star Wars', 'Peliqueiro' e 'O Quixote' impuxéronse nas outras categorías

15.02.2018 | 03:28
Os disfraes gañadores do concurso de Silleda en grupos e individual infantil. // Bernabé

O xurado do concurso de Entroido de Silleda, celebrado o pasado domingo, mantivo onte un encontro para acordar o reparto de premios. A xuntanza celebrouse na Casa da Cultura de Silleda con representantes da Asociación de Empresarios Polígono Área 33, Asociación Amigos de Silleda e dos centros educativos Colexio María Inmaculada e CEIP de Silleda.

En grupos o primeiro premio, de 300 euros, foi para Damas de papel, o segundo (180) para Vespas asiáticas, e o terceiro (100) para O Lacón, que, malia a empatar a puntos con 101 Dálmatas, gaña por participar en todo o percorrido. En parellas, os premios son para Star Wars (80 euros), Manolo e Concha (60) e As Bailarinas (40). En individuais infantil foron galardoados Peliqueiro, Pirata e Sirena e na categoría senior O Quixote, Jack Sparrow e Reina do Carnaval; en ambos casos, as dotacións son de 50, 40 e 30 euros. En total, son 1.020 euros en premios.

A entrega terá lugar o vindeiro sábado, día 17, ao remate do Desconcerto, recital de Entroido que ofrecerá no auditorio feiral a Banda de Música Municipal de Silleda. A concelleira de Cultura, Ana Luisa González Costa, agradece a participación dos veciños e colectivos nesta edición de recuperación do Entroido na vila de Silleda.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine