Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Iván Fernández Pérez: "Matemático Rodríguez é unha figura que está aínda por descubrir"

"Estuvo influenciado por Carl Friedrich Gauss durante a súa estadía en Alemaña"

Iván Fernández Pérez, na Praza do Obradoiro, en Santiago.

José Rodríguez, máis coñecido por Matemático Rodríguez, natural de Bermés (Lalín), é un dos pais do Sistema Métrico Decimal. Malia nacer nunha familia gandeira, da man do seu tío logrou estudar en Monforte e logo en Francia e Alemaña, chegando a ser profesor na Universidade de Santiago de Compostela, e ser mestre de Domingo Fontán. A pesar de este currículo, aínda falta moito por coñecer da súa figura. Investigando a súa vida está o doutor da Universidade de Santiago Iván Fernández Pérez.

-Ten Matemático Rodríguez o seu traballo recoñecido?

-Penso que Matemático Rodríguez é aínda unha figura que está aínda por descubrir por moita xente. É un persoeiro que os coñecemos uns poucos matemáticos que nos gusta a historia da ciencia pero non está a súa figura difundía a un nivel máis xeral. Dende logo é un personaxe que merece aparecer máis nos medios. Deberíase ter difundido máis a través de publicacións dos seus traballos, de feito a súa maneira pódese enxalzar de moitas maneiras.

-Rodríguez marchou a lugares como Francia ou Alemaña, algo pouco habitual, era un adiantado ao seu tempo?

-O caso de Rodríguez foi un caso moi particular. Non era habitual naquela época marchar ao estranxeiro para formarse. Tivo uns comezos moi humildes,puido marchar a París gracias a un tío seu puido estudar en Monforte e logo con unha bolsa do Colexio de San Xerome puido estudar na Universidade e logo a súa marcha a Francia foi froito de varios amigos seus cos que se reunía en Santiago que lle conseguiron os primeiros cartos para ir a París, foi un caso bastante singular o seu.

-Canto tempo leva vostede estudando a figura deste matemático lalinense?

-Non che podo dicir moito o tempo que levo porque o fago nos meus tempos libres. O que si é certo e que levo varios anos estudando a súa figura, pero dedicándolle pouquiño tempo de cada vez.

-Cal foi o motivo que o levou a interesarse por el?

-Fixen a carreira de Matemáticas e fixen un doutoramento en Historia da Astronomía e vin que había certos personaxes que non tiñan valorada a súa importancia dentro da historia en Galicia. E a partir de aí nos meus tempos libres dedícome un pouco a investigar o que podo. De feito ultimamente teñen saído cousas bastantes interesantes como que na súa estadía en Alemaña tivo unha certa relación cun dos grandes matemáticos da historia como foi Carl Friedrich Gauss.

-Tivo Gauss influencia no traballo de Rodríguez?

- Durante a súa estadía no país xermano, o Matemático Rodríguez estaba dedicado a estudos de mineroloxía, entón a súa relación con Gauss foi de erguello. A súa actividade principal era o estudo da minoroloxía, e co matemático alemán foi un pouco volver ao tema que lle tivera dado sona internacional, que era o tema das operacións e medicións xeográficas. Cremos que por invitación do propio Gauss, Rodríguez animouse a escribir un pequeno artigo onde el daba a súa visión o que era o estado da ciencia que estuda a forma e a dimensión da terra, un pouco esa visión de que como estaba esta ciencia.

-Por que ata o momento nunca se fixo unha exposición, por exemplo, da figura deste estudoso?

-Unha exposición non, porque non é un personaxe que se de á imaxe. Hai un retrato del na facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, hai un busto del na parroquia de Bermés, pero realmente imaxes que poidamos ter del, non temos moitas máis que a que se poida coller dalgún libro, ou dalgún instrumento que utilizou para a universidade ou que lle mercou a Domingo Fontán para a súa carta xeométrica. Poderíase facer unha exposición pero non sería moi vistosa, non habería moito que expoñer de maneira visual. Si que se poderían facer varios paneis con distinta información.

-Cree en comparación a autores literarios os científicos galegos non teñen pouca difusión?

-Ó estar pouco estudados, tamén teñen pouca influencia nos libros de texto. Cando sexamos capaces de obter unha pequena masa crítica onde todas estas cuestións permanecen no esquecemento e estean máis ao día, pois isto supoño que significará unha retroalimentación Con el aparecerá algún día nos libros de texto, os nenos ademais de estudar a forma e o tamaño da terra tamén poderán coñecer algúns personaxes que participaron no desenvolvemento de esa ciencia. Haberá máis xente que estea interesada na súa figura e que teña interese en investigar máis sobre o tema.

Compartir el artículo

stats