O Concello de Lalín en xeral e a concellería de Turismo en particular sempre destaca ao Pazo de Liñares como o buque insignia do municipio, en canto ao atractivo turístico e de visitantes. Neste senso, os datos estalles a dar a razón, pois esta construción senlleira xa pode presumir que en tan só un ano máis de 10.000 persoas o visitaron, sexa para contemplar algunha das múltiples exposicións que chega albergar durante o ano, para presenciar algunha actuación tanto de música como teatral ou simplemente para poder admirar este inmoble do século XVII.

Segundo os datos facilitados polo titular do departamento de turismo de Lalín, Francisco Vilariño, o Pazo de Liñares acolleu durante o 2017 un total de 10.057 visitantes, isto é un 36% máis que no 2016, cando se pasaron por este enclave turístico 7.387 persoas. O aumento, como se pode observar, é de gran magnitude ao aumentar un total de 2.670 persoas en doce meses. Así, deste cómputo, 2.981 persoas son do municipio lalinense, mil máis que no ano anterior cando foron 1.924, é dicir un 55%. Con respecto a isto Vilariño destaca que "ás veces moitas persoas do propio lugar aínda non visitaron unha xoia como esta". 5.851 visitantes proviñeron doutros lugares da comunidade galega, vendo un incremento neste apartado de un 28%, xa que no 2016 foran 4.580. Tamén se rexistraron visitas de fora de Galicia e incluso de España. Os turistas nacionais que entraron no Pazo de Liñares no 2017 foron 1.024, polo 697 do ano anterior, un crecemento do 47%, mentres que os turistas internacionais contabilízanse por 201. Outra nova subida con respecto o reconto do 2016 cando se certificaron un total de 186.

O Concello de Lalín elaborou un rexistro onde ademais da procedencia dos visitantes, se desglosou pola súa idade e tamén pola actividade que os levou ata a infraestructura. No que se refire á idade, o executivo diferenciou dous parámetros: adultos-maiores de 12 anos- e nenos -menores desta idade-. O número de adultos que se achegaron ao pazo corresponde a máis do 70% do total, como é o normal, foron 7.851 os que visitaron o inmoble ao longo do ano pasado, mostrando un aumento do 32%, posto que no 2016 a contía non chegou a superar os 6.000. Pola súa banda, os nenos incrementaron nun 37%, pois os 1.943 certificados no últimos doce meses, superaron en máis de 500 aos 1.415 do ano anterior.

Así, dividiuse en tres motivos polos que se visitaron o pazo: actos, por excursión escolares, e por excusións grupales organizadas. Neste senso, o número de turistas que decidiron realizar unha vista ao Pazo de Liñares pola súa actividade foron 1.090 persoas, que supoñen un 42% máis das que se rexistraron no 2016. Namentres, os escolares corresponden a un total de 998, polos 370 do 2016. Son o aumento maior xa que é o 70%, polos 628 nenos máis. O número de persoas chegadas por excursión foron un total de 3.105, unha subida dun 12%, fronte aos 2.771 do exercicio anterior.