A requinta da Ulla é un instrumento que se modificou para poder tocar con gaitas. Álvaro Couto tén a teoría de que son frautas traveseiras francesas que chegaron a Galicia a través do Camiño de Santigo, pero que tamén puideron asentarse nestas terras grazas aos comabtes contra Napoleón. O taller estradense de lutieres García de Riobó encargábase de modificar estes instrumentos para que, a diferncia das francesas ou das irlandesas, se poidesen elevar determinadas notas co barrilete, unha peza metálica que vai preto da embocadura. Agora que recuperou a requinta do seu bisavó, Álvaro Couto quere volver refundar Os Barreiros de Albín e grabar algunhas pezas musicais. Este instrumento deixou de tocarse na década dos anos 80, pero agora volve vivir unha nova etapa de esplendor grazas ao esforzo de grupos como a mencionada Requinta de Xián, Requinta da Laxeira (da localidade de Sarandón), A Gaita de Sarandón ou os herdeiros da Requinta de Carcacía.