Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Eduardo Estévez: "A poesía dalle unha volta a todo, é todo o contrario a quedarse quieto "

"É a primeira vez que me poño a escribir un guión de cómic; foi moi interesante"

Estévez (centro), onte no Casino do Lalín, na presentación da súa obra "de baleas". // Bernabé/Javier Lalín

O Casino de Lalín acolleu onte a presentación de de baleas, unha completa obra que inclúe libro de poemas, cedé e cómic, e ata unha balea de origami. Eduardo Estévez é o autor dun traballo publicado pola editorial Caldeirón. Estévez acudiu ata Lalín para explicar o nacemento dun libro de poemas a partir dun work in progress que se desenvolveu na rede entre 2004 e 2015 (http://luagris.net/debaleas).

-Estamos diante do seu proxecto máis ambicioso de todos?

-É un proxecto ambicioso porque ao final implicou a moitísima xente, pero fíxose artesanalmente porque Caldeirón é unha editorial pequeniña. Foi difícil porque tivemos que implicar a moita xente.

-Por qué o título de de baleas?

-Son todos poemas que dunha maneira ou outra teñen como referencia ás baleas. Non é que sexa un libro exclusivo de baleas, pero sí son unha excusa e unha metáfora de moitas cousas que me chaman a atención como a viaxe, a memoria, a tranquilidade etcétera. Interésame a balea como ese animal mitolóxico que transmite todos eses elementos vencellados á aventura e a fantasía. Tamén a balea é un ser que te pode levar dentro dun sitio para outro, non? É un ser moi fantástico e moi literario tamén.

-Foi complicado parir un traballo tan multidisciplinar?

-Non. Eu xa levo con éste catorce libros editados. Aínda que cada libro é novo, o proceso da escrita digamos que en xeral está bastante normalizado dentro de mín. Eu xa teño unha maneira de traballar que máis ou menos vai funcionando. O interesante deste libro é que me propuxen por segunda vez facer público todo o proceso da escrita. Normalmente, cando estou pensando nun novo libro o que fago é xuntar moitos apuntes. Cando me sento a escribir o que teño son un montón de pequenos textos que son ideas para poemas. O que fixen desta volta foi poñer eses textos nunha páxina web, e o proceso de ir convertindo cada idea nun poema foi feito en vivo na rede, de xeito que a xente pode ver o proceso de creación de cada texto.

-A poesía precisa deste xeito de traballar para reinventarse e chegar a máis público potencial?

-A poesía necesita sempre reinventarse pero non tanto por buscar público, senon porque a poesía é necesariamente un xeito de expresión innovador que lle dai unha volta a todo. A poesía é todo o contrario a quedarse quieto. Sí que é certo que este tipo de cousas á poesía lle veñen moi ben no sentido de que sempre axudan a darlle máis proxección ao obxecto final. E por outra banda, hoxe en día forma parte da esencia da creación artística interactuar con outras formas. Ao final a nosa relación co mundo é moi fragmentaria porque está feita de anaquiños. Tes no ordenador dez fiestras abertas porque estamos sempre atendendo a pequenos fragmentos das cousas. Ao final un libro como éste, que se constrúe a partir da colaboración de pequenas aportacións pois ten moito que ver con todo isto que digo.

-Qué papel xoga o cómic nun traballo como de baleas ?

-É unha parte moi bonita da obra porque levo moito tempo querendo facer algo co cómic porque gústame. É a primeira vez que me poño a escribir un guión de cómic, e coa interacción con Tokio, que é un tipo con moita experiencia, pois creo que o resultado foi moi bonito. Non tiña sentido debuxar o que estaba no texto tal cual, e o resultado é moi interesante. Penso.

Compartir el artículo

stats