15 de noviembre de 2017
15.11.2017

A Orquestra de Cámara Galega actúa este sábado no Teatro Principal da Estrada

15.11.2017 | 03:31

O Teatro Principal da Estrada brindará este sábado o seu escenario á Orquestra de Cámara Galga, que ofrecerá un concerto de balde que esixe a retirada previa de invitación no departamento de Cultura do Concello. Os interesados poden achegarse ao consistorio en horario de 09.00 a 14.00 horas ou na propia billeteira. Dende o Concello lembrouse que esta será a terceira actuación da orquestra dentro das promovidas dende a Deputación de Pontevedra e enmarcadas no Ano do Patrimonio. O concerto arrancará ás 20.00 horas.

A Orquestra de Cámara Galega (OCG) foi fundada no ano 1995 por iniciativa de Rogelio Groba Otero e está integrada por músicos formados en diferentes conservatorios europeos.

Nesta ocasión a agrupación fará un percorrido no tempo e no espazo, interpretando pezas de compositores como os alemáns Haendel, do século XVIII e Baermann, do século XIX; o británico Holst, a cabalo entre os séculos XIX e XX; o arxentino Piazzola do século XX; Aguiar desde Brasil e non faltará unha peza de Rogelio Groba, compositor con máis de 720 obras catalogadas.

A Orquestra de Cámara Galega realizou concertos nos principais espazos escénicos españois como o Auditorio Reina Sofía, en Madrid; no Palau de la Música, en Barcelona; na Real Maestranza, de Sevilla; na Sala Mozart, de Zaragoza, entre outros lugares. No ámbito internacional foi a primeira orquestra profesional galega en actuar en Nova York na famosa sala Merkin Hall da Fundación Kaufman, fixo unha xira por Holanda e Arxentina, e actuou tamén no Spanien Modern Musikfestival na cidade de Viena.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine