Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Bioconstrución en Férveda

Unha rudimentaria choza construida con xestas e pólas sorprende ao camiñante ao pé da fervenza de Escuadro, moi mermada pola seca

A construción chama a atención dos visitantes que se achegan á área recreativa. // XP

As fervenzas que dan nome ao lugar de Férveda, na parroquia silledense de Escuadro, convertéronse nos últimos anos nun reclamo turístico importante. Nada que ver, desde logo, coa emblemática Fervenza do Toxa, en Pazos, pero o labor desinteresado de posta en valor feita por veciños e colectivos está a dar os seus froitos e cada vez son máis os visitantes que se achegan ao río de Escuadro para gozar da fermosura natural do seu tramo de cascadas. Nestes días, a espectacularidade é menor debido á seca, que mantén o caudal baixísimo.

Os accesos á zona das fervenzas -hai varias cascadas seguidas, aínda que a xente acostuma a referirse a de maior altura- están ben sinalizados tanto desde a aldea de Férveda como desde o centro da parroquia, os arredores da igrexa e do local social. Ao chegar á área recreativa, plagada de careis que invitan a unha limpeza que sí existe e en bo estado de conservación, sorprende ao visitante unha choza construida con materiais vexetais. Pólas caídas de árbores do propio entorno e xestas forman unha estrutura moi rudimentaria e que a penas permiten resgardarse da intemperie. Iso si, ninguén se resiste a asomar os fuciños no seu interior. Esta auténtica "bioconstrución", que xa leva un tempo no lugar, xa se converteu nun atractivo máis para os que visitan este privilexiado entorno natural trasdezao.

Compartir el artículo

stats