-Un dos seus dous irmáns, Xabier, foi portavoz nacional do BNG entre 2013 e 2016. ¿Eran tensas as conversas familiares nas comidas dos domingos?

-Para nada, nunca nos ocasionou ningún problema sermos de partidos distintos porque sempre houbo vocación política na miña familia, e de feito os dous temo visións moi similares a nivel social. E se el é nacionalista, eu son un galeguista convencido.

-Falemos da situación do seu partido, que acaba de celebrar primarias. ¿Cómo ve o futuro do PSdeG e tamén do PSOE a escala nacional?

-A Gonzalo Caballero coñézoo dende fai tempo e tén madeira de líder. E a nivel nacional, creo que está sendo o partido máis sensato de todos no tocante ó tema da independencia de Cataluña, pois está buscando diálogo e negociación. Sentinme moi satisfeito cando Pedro Sánchez volveu recuperar a secretaría xeral do partido, porque quedou claro que a militancia puido restablecer algo que era de xustiza.

-Falando de ocupar cargos, ¿e quén vai sustituilo a vostede dentro de dous anos?

-Bueno, o 28 deste mes temos o congreso galego, despois virán os provinciais e finalmente os locais. Xa hai tempo que lle comunicara aos meus compañeiros a miña decisión de deixar a política, a ver se hai algunha persoa nova que colla o liderato. O que non vai pasar nunca é que o PSOE deixe de ter reprentación en Rodeiro e, por qué, non, igual é unha muller a que asume ser cabeza de lista. O que si quero agradecer é o apoio tanto do partido, como de políticos como a exconselleira María José Caride, o cariño e respeto do veciños e, tamén, da miña muller, que moitas veces cargou con todo o traballo pra deixarme máis tempo libre a min para a política.