Os Pendellos de Agolada acolle mañá unha charla organizada polo colectivo Baluarte onde duos expertos sobre o mundo romano, explicarán a importancia das vías romanas na comarca de Deza, así como o patrimonio que deizaron ao seu paso. Un destes ponenetes será o catedrático Antonio Rodríguez Colmenero.

-De que falará no coloquio en Os Pendellos?

- Vou a falar das vías romanas que son importantes porque supoñen a urbanización da paisaxe. Hai que entender como era a civilización castrexa, unha civilización rural en canto o que se tiña por avance con comunicacións rudimentarias. Cando chega Roma o que fai é urbanizar, que consiste en levantar cidade e facer vías para comunicalas entre sí. Isto é o que se chama a urbanización material que vai a vir coa urbanización mental que conlevará a cultura, as linguas, ao progreso. Nós sabemos que ao principio Roma estrutura a primeira vía entre Braga e Astorga a través de Chaves, pero moi pronto constrúe outra que vai de Braga a Lugo, con paso po Tui. Finalmente constrúese unha polo centro, pola provincia de Ourense. Ao redor de estas grandes vías, establécense un sistema de vías secundarias que veñen do norte ao sur e do leste ao oeste que descubre unha malla de comunicación. Nesto falarei na conferencia, sobretodo dúa vía secundaria que ía dende Monforte ata Caldas de Reis, veremos como se fixo e por onde pasa.

-Como eran as vías ao seu paso por Deza?

-Pola comarca había dúas, unha vía transversal que podía vir desde Monforte e outra de norte a sur. É unha comarca que eu non recorrín en detalle, pero realmente podo asegurar é que non faltaba nunca unha vía romana, fora ó cargo ao Estado ou ao cargo as comunidades, que Roma lle mandaba facer ao eu custo. Había mellores comunicacións que na Europa ou na Galicia Medieval ou incluso na Galicia Moderna ata o século XVIII.

-Que importancia tivo a localización de Agolada para o seu crecemento ou para o desenvolvemento de Os Pendellos?

-Os Pendellos foron posteriores, por tanto a historia non se contén nun momento concreto, senón que é un devir, dende o punto de arranque, na civilización castrexa, ata o século XXI. A historia faise a saltos, nas épocas pasadas avanzouse moi lento, mentras que noutras se recorre a gran velocidade.

-De onde pode vir o miliario de Os Pendellos?

-Pode ser testemuña do paso de unha vía romana por Agolada, unha vía transversal direción sureste - nroeste, é moi difícil seguir o trazado minucioso. Hai que destacar que os miliarios poden ter inscricións gravadas ou non, á veces pintada que se pode borrar.