Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Miña nai estivo na tenda de recambios e arranxaba máquinas e a avoa facía a comida para os obreiros"

-A exposición chámase 60/30/15, por que ese nome?

-Pois son 60 anos desde que empezou Talleres Guerra traballando con maquinaria agrícola. 30 anos que son de Hitraf, e logo 15 anos que son de distribución xa das máquinas novas forestais que temos agora.

-Que maquinaria puideron ver os asistentes estos días no en torno da empresa?

-Estiveron expostos os tractores que foi vendendo esta empresa, en concreto Talleres Guerra máis Hitraf, desde o ano 59, ata o que vendemos agora. Polo que se puideron ver as máquinas forestais grandes que temos a venta nestes momentos.

-Hai máquinas únicas?

-Si, púidose ver o primeiro tractor que se vendeu na comarca do Deza no ano 59, ese é o único que hai nesta zona, non houbo máis desa marca. Expuxemos tamén tractores de tódalas marcas que foi vendendo a empresa durante todo este tempo, algún modelo son tractores agrícolas outros son forestales, un pouco de todo o que fomos vendendo ao largo destes 60 anos. Tamén, a través das imaxes podíase ver un pouco da nosa historia, desde o comezo aos últimos anos.

-A homenaxe a seus pais e avós logo é merecida, non?

-Sí, xa que foron os fundadores de todo. Tanto meus pais como meus avós merecen a homenaxe que lle fixemos. Os homes, eran os que traballaban no taller, pero elas traballaban en recambios e máis facían de comer para os obreiros e un pouco de todo.

-As mulleres tamén tiñan un papel importante na empresa?

-Por suposto. Miña nai estaba na tenda de recambios, ademais de vender máquinas de coser, facía cursos de bordados e despois, nos últimos anos, chegou a estar na administración da empresa. A avoa fixo comida para traballadores que vivían na casa. Nestes días achegáronse varios empregados que estiveron durmindo na nosa casa. Comentáronnos, un deles principalmente que botou 14 anos na nosa casa. Comían e durmían na casa xa que non había as comunicacións de agora.

Compartir el artículo

stats