Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

César Sánchez González: "Meus pais chegaron a vender a maioría dos tractores en todos os municipios de Deza"

"Cando tiña o taller meu avó, eu, con 14 anos, axudaba a pintar as matrículas e poñerlle as chapas"

César Sánchez xunto a maquinaria exposta os pasados días no en torno da empresa. // Bernabé

A empresa de Vila de Cruces, Hitraf Maquinaria Forestal e Agrícola, celebrou, nos pasados días, o seu 30 aniversario. Durante as xornadas, no recinto puidéronse ver numerosas maquinarias, desde as máis antigas que se venderon pola zona, ata as máis recentes. Un dos seus fundadores, César Sánchez González, estivo polo en torno para explicar a todos os asistentes a labor que desempeñan, así como mostrar as diferentes pezas que estiveron expostas. Ademais, había paneis informativos que contaron a historia desta empresa e tamén de Talleres Guerra, empresa fundada por seus pais, da que se conmemorou o seu 60 aniversario.

-Toda unha vida traballando en Hitraf, non?

-Fun un dos fundadores de Hitraf, ligada coa anterior, Talleres Guerra. Hitraf funciona desde o ano 86, polo que este ano estamos no 30 aniversario.

-Con cantos anos empezou a traballar na empresa de seu avó?

-Pois eu xa cando saia do colexio ía para a empresa del, cuns 14 anos. Daquelas pintaba matrículas dos tractores e poñíalle as chapas das matrículas, os espellos, os triángulos e axudaba no que podía. Eu por ese entón aínda estaba estudando, a partir de aí fixen Forestais e logo incorporeime a empresa, primeiro Industrias Guerra e logo xa fundamos Hitraf desde o ano 86. Xa o levas traballando desde que naces nese ambiente e xa te vas afecendo ao traballo.

-Entón, Talleres Guerra e Hitraf poderíanse considerar a mesma empresa?

-Non, Hitraf xorde despois de Talleres Guerra. Ésta última é a empresa inicial que foi fundada por meu avó e meu pai e despois xurdeu Industrias Guerra, donde faciamos toda a actividade, logo apareceron dúas empresas, Industrias Guerra segue fabricando xa que está dirixida por meu irmán e logo está Hitraf que vende maquinaria que é a que levo eu. Somos dúas empresas, unha fabrica e a outra, fundamentalmente, vende e distribúe a maquinaria.

-Como foi fundada a primeira fábrica?

-Meu avó, Ricardo González Guerra, xa reparaba coches en Cercio nos anos 40, así como máquinas de coser e instrumentos de música. Tamén montaba instalacións en turbinas de muíños para accionar corriente cando non había luz eléctrica nas aldeas de por aquí. Era músico, construíu un saxofón e logo empezou a traballar aquí, na empresa. Unha vez que se casaron meu pai máis miña nai, establecéronse en Vila de Cruces, a partir de aí empezaron a montar un taller de reparación no que inician traballando, principalmente en camións e en autobuses, e logo en torno aos anos 60 xa comezaron a traballar con maquinaria agrícola.

-Considéraos como os impulsores das modernización aquí, na comarca de Deza?

-Meus pais chegaron a vender a maioría dos tractores nesta comarca. Vendeu tractores Barreiros de segunda man. Vendeu 400 en todos os municipios da comarca de Deza. En todas as aldeas hai maquinaria vendida por meu pai. Daquelas non había nada, soamente había outro señor de Santiso máis el que se encargaban da venda destes tractores de segunda man. A partir de aí empezaron a venda dos tractores novos. Nós consideramos que é un dos pioneiros da venda de maquinaria agrícola na comarca do Deza.

-Algún proyecto para o futuro?

-Hitraf está aquí afincada en Vila de Cruces e estamos pensando en facer unha ampliación denaves aquí onde estamos, pero estamos pendentes de autirazcións para vender máis ven as máquinas grandes que temos agora.

-Houbo moita evolución na maquinaria?

-Si claro, estamos falando de autocargadores e procesadoras, máquinas que nun momento determinado xa non son agrícolas, senon que forestais. Distribuímolas en todo España e son máquinas grandes, que necesitan naves grandes, por iso estamos considerando esa ampliación das instalacións.

-Por que se instalaron seus pais en Vila de Cruces?

-Meu avó tiña un taller en Cercio, parroquia de Lalín, entón, por aqueles tempos era unha aldea e as Cruces era xa un pobo algo máis grande e decidiron afincarse alí.

Compartir el artículo

stats