Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tamara García Rodríguez: "Coa falta de oportunidades laborais é unha pena que o monte non se aproveite"

"Estamos aprendendo o xeito de recobrar a productividade dun terreo baleiro"

Tamara García (abajo, en el centro), durante una visita con el grupo a un monte comunal de Salcedo.

A lalinense Tamara García atópase estes días en Vilarinho (Portugal) con Comunix, un proxecto pioneiro impulsado pola Unión Europea, en colaboración coa cooperativa cultural galega Trespés, o instituto de investigación CES de Portugal e a institución italiana Partecipanza Agraria de Nonantola. O programa pretende que 25 xóvenes coñezan máis a fondo a xestión dos montes comunais e aprendan novas maneiras de sacarlles partido, mentres poden convivir e intercambiar experiencias.

-En que consiste o proxecto de Comunix?

-O obxectivo principal é o de xuntar a mozos de varios países para que podan coñecer a xestión dos seus montes comunais, chamados baldíos en Portugal e partecipanzas en Italia. Tamén participan varios investigadores de Brasil, non polo estudo dos montes senón pola experiencia, xa que se trata dunha iniciativa piloto financiada pola Unión Europea. En total somos 25 persoas, 16 portugueses, 7 galegos e 2 italianas. Unha vez que estás aceptado como candidato todos os gastos van incluídos.

-Como conseguíu participar no programa?

-Presentamos unha candidatura cun programa describindo a nosa visión dos montes comunais. Era preferible que formaras parte dunha comunidade de montes ou que tiveras terras na provincia de Pontevedra. Ademáis tivemos que propoñer ideas para sacar máis rendemento ó monte, novas formas de organización, como involucrar á xuventude na xestión...

-Por qué decide integrarse?

-Teño unha ligazón co monte bastante importante, xa que os meus pais viven diso. Aparte fixen o meu traballo de fin de grao en educación ambiental.

-Como se desenvolveu o intercambio en Galicia?

-Estivemos en Lourizán unha semana, na residencia do Centro de Estudos Forestais. Percorremos distintos puntos para ver o aproveitamentos dos terreos e como ese espacio baleiro pode recobrar productividade.

-E como está indo en Portugal?

-Aquí estaremos 10 días, estamos quedándonos en Vilarinho na Pousada da Juventude da Lousã. Visitamos os baldío dos arredores, unha cooperativa de mel... Ó final realizaremos un acto cunha eurodeputada portuguesa e expoñeremos o que aprendimos ó longo destes días: a xestión dos baldíos, como se constitúen as distintas formas de organización das comunidades, é dicir, as asambleas, as votacións, as reunións e a participación.

-A experiencia está a ser boa?

-Moi positiva. Estamos coñecendo a xestión dos montes e á xente que o leva, unha poboación maioritariamente envelllecida. Coñeces xente que ten as mismas inquedanzas que ti e podes ver que hai intereses comúns.

-Existen moitas diferencias entre a xestión lusa e a galega?

-Sí, aquí as extensión de terreo son latifundistas e non minifundistas como en Galicia, o cal non sempre é favorecedor. A especie invasora galega é o eucalipto, aquí é a acacia. Os problemas sí que son comúns: abandono do rural, éxodo ás cidades, explotación para a industria madeireira que non se mantén a longo prazo...

-Por qué cree que é importante que a xuventude participe?

-Temos o bosque atlántico, que é privilexiado pola cantidade que pode producir, case de todo. Agora que existe tanta inestabilidade e incertidumbre por conseguir unha oportunidade laboral, é unha pena que o monte que sempre foi froito da actividade da súa poboación, esté sin aproveitar.

-Que se pode facer para revertir a situación actual?

-Para min, a base está na educación dos nenos e que teñan coñecemento do seu entorno. Enfocalo como algo lúdico en primeira instancia, con máis visitas e coñecementos, para que comproben a teoría na vertente práctica. Que non exista a posibilidade que haxa nenos que pensen que os ovos saen da neveira. É importante integrar poboacións mixtas de especies e non só de aproveitamento madeireiro, que teñen un bo rendemento a curto prazo pero dañan o terreno e alteran os ecosistemas.

Compartir el artículo

stats