Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Uxía Senlle: " A música tradicional está en constante evolución e nós volvemos creala"

"Cando me chamaron para colaborar coa banda xuvenil dixen que si cos ollos pechados"

Uxía Senlle e o falecido Fran Pérez, Narf, nun concerto o ano pasado no IES Laxeiro . // Bernabé/Javier Lalín

Máis de 30 anos son os que leva a cantante folk Uxía subida aos escenarios, ensinando a música tradicional galega por diferentes recunchos do mundo. O vindeiro venres estará en Lalín, para ofrecer un espectáculo único a conxunto coa banda xuvenil da localidade, no pintoresco espazo do Pazo de Liñares a partir das 20.00 horas. O público asistente poderá deleitarse ca súa voz, onde interpretará temas clásicos da súa traxectoria e tamén versións máis populares. Onte tivo lugar no auditorio municipal o primeiro ensaio conxunto para a posta a punto do concerto.

-Como surxe a súa paixón pola música?

-Dende ben cativa na miña casa respirábase un ambiente moi musical. O meu pai era músico de orquestra e sempre nos incentivou moito a escoitar e estudar música. Estudiei Filoloxía Románica, pero a música era máis forte e sempre digo que é o oficio máis fermoso do mundo.

-Por qué decide cantar á tradición e ó folclore galego?

-É importante coñecer o que somos, de onde vimos e ancorarse ben nas raíces, sempre mirando ó mundo que nos rodea. É evidente que a música tradicional está en constante evolución e nós tamén creámola de novo. Gústame moito e penso que hai unha gran beleza e riqueza, no caso galego é interesantísimo. Non falo só da música tradicional, senón tamén da música que recrearon outros autores a partir da tradición. No meu caso tamén mira a Portugal, ós mundos e territorios lusófonos, algo moi característico do meu traballo estes anos.

-Que é o que máis chama a súa atención sobre as iniciativas coma a do vindeiro venres?

-Paréceme moi interesante e sempre supón un novo reto facer a túa música con outra sonoridade, neste caso a da Banda Xuvenil de Lalín. A min gústame moito toda a tradición de bandas que hay en Galicia, que son tan populares e de tanta calidade, como ocurre ca de Lalín. Sígoas moito e vai ser un completo deleite para min, espero que para eles tamén.

-Por que cree que decidiron contar con vostede para este concerto?

-Esta idea naceu cun programa impulsado na Illa de Arousa, que á Diputación de Pontevedra pareceulle interesante trasladar a outras localidades. A partir de ahí, o Concello considerou que era unha boa mestura a da Banda Xuvenil comigo, así que chamáronme e dixen que sí cos ollo pechados.

-Como levan a preparación?

-Terá lugar esta semana, eles teñen as súas partituras e eu fixen un concerto non fai moito coa Real Filharmonía de Galicia, e os arranxos serán os que usemos para o concerto, un pouco adaptado, claro. Tamén cantarei algún tema clásico do meu repertorio. Será en homenaxe particular a Narf, con quen grabei o último disco e que estará moi presente.

-Hai algo que marcara a súa traxectoria de maneira especial?

-Quizáis o meu paso por Na Lúa, grupo de música folk no que participei dende o 88 ata o 91. Foi determinante para coñecerme mellor, á música tradicional e doutros territorios, a mestizaxe... Creo que tivo importancia para encamiñar a miña carreira en solitario e atopar a miña identidade.

-Quédalle algún soño por cumplir?

-Fun cumplindo algúns deles pero sempre quedan horizontes por descubrir. A miña carreira está sendo bastante internacional nos últimos anos, así que gustaríame seguir a liña que levo ata agora. Seguir visitando lugares e países que aínda non coñecía e que é o que máis me gusta, son un alma viaxeira.

-Que proxectos ten en mente próximamente?

-O 10 de setembro edito un disco con poemas reeditados de Uxío Novoneyra, que vai ser moi interesante. Logo comezarei a xira de presentación do disco, teño concertos en Roma, Zúrich, Suecia, Londres, en Brasil en novembro, tamén en Portugal... Tócame unha etapa viaxeira.

Compartir el artículo

stats