Tributo ao "presi" Suso Otero

O club de petanca bandeirense organiza o domingo un torneo internacional no que homenaxeará a un dos máximos dinamizadores deste deporte, finado en 2003

17.08.2017 | 09:11
Otero (vestido de calle) co equipo bandeirense no Campionato de España en Santander, en 1981.

A práctica da petanca na Bandeira é algo máis que un deporte. A afección que hai a esta disciplina nace hai moitos anos e desde entón o club local foi capaz de situarse entre os grandes de Galicia e incluso de España. Na década dos anos 80 Suso Otero foi o encargado de presidir o agora Petanca Bandeira e con el tamén como xogador acadáronse grandes méritos deportivos e sociais. A súa xente quere lembralo o domingo cun torneo que cumple 39 anos e que levará o seu nome.

Suso Otero naceu en Silleda, pero logo de casar con Lola Otero Lado marchou vivir para A Bandeira e alí foi, segundo comentan moitos dos seus amigos e veciños, un grande dinamizador da vila capital da empanada.

Desde que finou, no ano 2003, veciños ou o club de petanca da localidade pensaron en rendirlle algún tipo de homenaxe en sinal de recoñecemento do seu grande traballo en prol, sobre todo, dun deporte que os bandeirenses coñecen moito.

A tradición da petanca nesta vila nace en 1978, cando Enrique Creo e Luis Vázquez fundan Petanca Bandeira en colaboración con Manuel Viéitez. Pouco despois -en 1980- Suso Otero púxose á fronte desta sociedade, que presideu durante os oito anos seguintes.

O club quere aproveitar as festas da localidade para celebrar o I Open Internacional de Petanca "Suso Otero", que, na modalidade de dupletas está aberto a todos os que desexen competir aínda que non sexan deportistas federados. "O presi", como aínda hoxe se refiren a el na entidade deportiva, foi o responsable de que o Club Petanca Bandeira "fose o dinamizador das actividades do pobo durante os anos nos que estivo á fronte do club". Recordan que os deportistas locais, daquela, comezaron a competir en liga regular ou incluso chegaron a desputar o Campeonato de España celebrado en Santander. Tamén nos campionatos de España de segunda que foran en Barcelona. Otero non solo se encargou da coordenación do equipo, xa que tamén foi un destacado xogador do mesmo. Os promotores desta en certa medida homenaxe, destacan de Otero que o club e o seu xa falecido membro encargáronse de organizar outras actividades sociais como a sardiñada do San Xoán, os campionatos de truco, xornadas micolóxicas ou a proposta chamada Xogamos na carballeira. Consistía en que entre xullo e setembro as tardes dos sábados na Bandeira estaban dedicadas á práctica da petanca, campionatos de tiro ou mixtos. O club lembra tamén que foi o impulsor de participar na Semana Verde representando á Festa da Empanada nas diferentes edicións daqueles anos; "unha iniciativa coa que se conseguiron moitos cartos para distintas agrupacións do pobo, ademais do propio club, como a banda de música, Amigos da Empanada ou Sociedade Deportiva".

No eido depotivo, Petanca Bandeira foi campión galego en 1979 e representou a Galicia no Campeonato de España de Benidorm. A tripleta formada por Enrique Creo, Darío Guzmán e José Manuel González remataron no posto 11, pero foron os únicos capaces de gañar ao conxunto de Alicante, que vencería o torneo. No 1981, en Santander, volverían a participar no campionato estatal, vencendo ao Betis de Sevilla, daquela subcampión do mundo. Logo chegaría a liga galega, ata acadar a División de Honra.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Deportes Deza

Costoya posa junto a su kart con el número 29.
Christian Costoya corre en el kartódromo de Valencia

Christian Costoya corre en el kartódromo de Valencia

El piloto silledense Christian Costoya participó el pasado fin de semana en las Series...

Juan Campos llega a la última cita con opciones de ser campeón de España

Juan Campos llega a la última cita con opciones de ser campeón de España

El piloto cerdedense Juan Campos Toimil obtuvo un gran resultado en la prueba del Campeonato de...

Una salida de vía frena a Carracedo en el Rally Princesa de Asturias

Una salida de vía frena a Carracedo en el Rally Princesa de Asturias

"Si llego a tener las ruedas de agua estaría luchando por ganar el rally"

El Judo Club Base inicia una nueva temporada

El Judo Club Base inicia una nueva temporada

El Judo Club Base inició la temporada 2017/2018 y lo hizo con varios eventos. En la jornada...

Podios para el Atletismo A Estrada en Santiago

Podios para el Atletismo A Estrada en Santiago

El Atletismo A Estrada se desplazó el pasado fin de semana a Santiago para disputar una...

Esteban Sánchez ocupa el puesto 36 en el Nacional

Esteban Sánchez ocupa el puesto 36 en el Nacional

Los corredores del Extol La Gramola Team Esteban Sánchez, Damián Costa, Javi Busto y...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

Sanidade descarta el CAR de Lalín y propone un centro integrado

En semanas rematará el plan funcional que determinará el proyecto

María del Carmen Caramés gaña o Premio de Poesía Avelina Valladares

María del Carmen Caramés gaña o Premio de Poesía Avelina Valladares

O xurado destacou a calidade de catro dos 27 traballos presentados a concurso

El Concello proyecta plataformas peatonales en la rúa D y en un tramo de González Taboada

El Concello proyecta plataformas peatonales en la rúa D y en un tramo de González Taboada

La propuesta se plantea a largo plazo tras acometer las mismas obras en Principal y Loriga en 2018...

El Concello valora asumir la organización de As Dores

La posibilidad de cambiar alguno de los dos festivos locales no está ahora sobre la mesa....

Un concierto para recordar

Un concierto para recordar

Las bandas de Lalín y A Tasca arriesgarán este domingo con un concierto fusión rockera que promete...

Enlaces recomendados: Premios Cine