Carme Adán é undas das promotoras da iniciativa 'Filosofía sí', que percorre a comunidade galega na busca de apoios para que o goberno autonómico non retire esta materia como troncal en segundo de Bacharelato. Mañá colocarán un posto na Praza da Igrexa de Lalín ás 12.00 horas para aqueles que queiran firmar esta petición.

-¿Que é 'Filosofía sí'?

- Naceu por un grupo de profesores e profesoras de Galicia, que ante a situación que ten a materia de Filosofía hoxe: casi a desaparición do sistema educativo. Decidimos levar ao Parlamento Galego unha iniciativa popular, en forma de proposición non de lei, para que inste á Xunta a que se recupere a súa importancia en segundo de Bacharelato. Isto para nós foi tamén unha forma de achegar a filosofía á sociedade, ao estar na rúa, porque se precisan máis de 2.500 sinaturas, aínda que xa temos 7.000. Fumos por diferentes cidades galegas e chegamos a Lalín o venres. Estaremos as 12:00 horas na Praza da Igrexa. Queremos que se fale dela, da importancia que ten para a formación e para a vida: Aprender a pensar, facelo por un mesmo, ter capacidade crítica, algo que é propio dos seres humanos, por iso é tan importante recuperar a materia e a súa presenza na sociedade. De feito, o noso lema é "Penso, logo estorbo". Cremos que estamos nunha sociedade no que cada vez ten máis importancia non pensar por un mesmo, a ter simplemente capacidades técnicas e non capacidades reflexivas.

-¿Que influencia pode ter noutros campos de estudo?

-Boa parte dos grandes filósofos foron grandes científicos, ou á inversa. Realmente o que fai esta disciplina é cuestionarse cousas básicas, facerse preguntas respecto da realidade, da verdade, do ben e o mal, o que coñecemos como a ética, o que debemos facer, as relación en sociedade ou de quen somos. Eu creo que todas as persoas temos actitudes filsóficas, somos pensadores porque nos facemos preguntas de nós mesmos e do mundo que nos rodea. Nunha sociedade tan rápida, tan convulsa, a filosofía, se cadra, é máis importante que nunca, oblíganos a deternos e a pensar, igual non nos da respostas inmediatas, pero si nos da a capacidade de formular preguntas, hacia donde queremos ir, que queremos facer coas nosas vidas. Para calquera tipo de formación, sexa científica, tecnolóxia ou humanística, a filosofía é un valor importante.

- Por qué o Goberno decide entón quitala?

- Nas diferentes reformas educativas a materia foi perdendo presenza e peso horario no currículo escolar. Coa lei Wert foi a puntilla. Levounos ao borde da desaparición, esa é unha situación para nós inadmisible, non é un problema de horario, non é un problema que teñamos coa nosa plaza, todo o contrario, creemos que o que perde é o alumnado e a sociedade. Unha sociedade que renega do pensamento, que non quere saber que se pensou ao longo da historia, é una sociedade que está condenada a repetir moitos dos seus erros e reducir as persoas simplemente a consumidores, a traballadores acríticos ou dóciles, por iso, estas reformas tratan de evitar o pensamento, e nós considereamos que é un ben colectivo. Un ben que non soamente está na escola, nós recordamos as nosas avoas e avós dándonos leccións de vida con contestacións de calado, porque todos temos esas inquietudes, por iso é inadmisible que se intente reducir soamente a educación reglada á docilidade a estar sentados e quietos nunha mesa e non a fomentar a creatividade.

- Cambiar a maneira de impartila sería unha solución?

-O que hai que cambiar é todo o ensino. Creo que non son quen de decilo, pero considero que a filosofía en moitas cousas se adapta, porque moitos introducimos as novas tecnoloxías, novas maneiras de facela, pero creo que a educación é unha relación humanitaria, hai que traballar con textos, aínda que sea con un escrito nunha pantalla. A filosofía traballa coa linguaxe, e ésta é unha maneira na que estructuramos o noso pensamento e a nosa realidade. Ao final as novas tecnoloxías son un soporte para que o alumnado poida pensar por sí mesmo.

-Acolle ben a xente a iniciativa?

- Hai alumnado que se achega, profesores xubilados que din que non entenden que se recorte nesta materia, tamén persoas digamos coñecidas que apoiaron a campaña, tamén persoas anónimas que consideran que pensar por un mesmo é importante, tamén os medios de comunicación. A filosofía non é nin propiedade dos filósofos, nin dos que len libros, é de todos.