Carboeiro recibe 1.700 visitas na primeira quincena deste mes

17.08.2017 | 03:36

O mosteiro de Carboeiro está rexistrando un moi bo número de visitas este verán. Nos primeiros 15 días deste mes, 1.700 persoas achegáronse ao monumento, o que fai prever outro agosto de récord no rexistro de entradas. Durante o mes de xullo, realizáronse 1786 visitas, que aínda foi maior durante o mes de xuño, cando se rexistraron 2.107 persoas. Así mesmo, o día 25 de xullo, festivo na comunidade, pasaron polo mosteiro 230 persoas e o pasado día 10, xornada de San Lourenzo, rexistráronse 204 entradas. A concelleira de Turismo, Ana Luisa González, afirmou que "o balance que levamos este verán a día de hoxe reafirma o atractivo do mosteiro, o noso gran emblema". Co ánimo de continuar promocionando e dinamizando o mosteiro de Carboeiro, dende a Concellería de Cultura e Turismo estáse a estudar a realización de visitas teatralizadas, proposta que suporía un paso máis na divulgación do enclave histórico, patrimonial e natural.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine