Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Sen diñeiro polo Camiño

Dende Cea ata Lalín os peregrinos non contan con caixeiros ou sucursales

Vista do casco urbano de Castro, en Dozón. // Bernabé/Javier Lalín

O Camiño de Santiago achega a Deza numerosos peregrinos, que se xa por fe ou por placer, deciden percorrer algunhas das rutas Xacobeas que rematan na capital galega. Ben é sabido que para relizar esta actividad tes un gran abanico de posibilidad, algúns prefiren descanser en bos hoteis, mentras que outros son fieis aos albergues públicos donde ademais de conter a esencia do Camiño, conlevan menos gasto. En calquera dos casos, sempre é necesario unha certa cuantía económica polas necesidades que poidan surxir. E se non é así, tamén é bo ter a man unha tarxeta de crédito por se terminou coa liquidez.

O problema vén cando os camiñantes pasan longos recorridos sen atopar un caixeiro para poder facerse con cartos. Esto ocorre, por exemplo, ao seu paso por Dozón, porque neste municipio non contan dende hai tempo cunha oficina bancaria, ou no seu defecto, cun caixeiro para que veciños e visitantes poidan extraer diñeiro. Por esta mesma razón, moitos peregrinos que pasan polo concello queixanse nas dependencias municipais, xa que, dende a localidade ourensá de Cea ata Lalín, as que separan 32 kilómetros, non se encontra ningunha oficina bancaria. O caso é peor, si o camiñante é fiel á ruta xacobea e decide non desviarse pola N-525 para chegar ata Lalín,desta maneira non encontrarán un caixeiro ata chegar a Trasdeza.

Para solventar esta situación, dende o Concello de Dozón puxéronse en contacto con varias sucursales bancarias para que algunha poidese poñer unha oficina ou un banqueiro no lugar. Entre elas, falaron con Abanca, a que explixou que colocar un caixeiro tiña un coste aproximado de 30.000 euros, ao que había que sumar os gastos referidos ao mantemento do servicio. Con anterioridade, no municipio podían contar con unha oficina do Banco Popular, ubicada ao lado da farmacia da localidade, aínda que os traballadores desta sucursal so se achegaban unha vez ao mes para pagarlle aos pensionistas que viven no lugar.

A pesar dos esforzos do Concello de Dozón por manter viva a localidade, un dos problemas que arrastra é a escaseza de servizos, deste modo, os seus habitantes teñen que recurrir a coller o coche en moitas ocasións para acudir a Lalín. Cabe destacar, por outra parte, a implicación da administración local co peregrinos, que son tamén unha fonte de ingreso no pobo. Asimesmo, recentemente, o Concello adquiriu o albergue municipal e ampliouno para poder contar con máis plazas.

O Concello conta agora con un total de 50 plazas. A iniciativa da ampliación veu promovida pola gran demanda de pregrinos que hai na zona, sobretodo na época estival.Tanto é así, que en máis de unha ocasión, a administriación local ten que alquilar carpas para atender a súa demanda. Agora, modificouse unha zona dedicada á cafetería para habilitar 14 literas. Ademais, puxeron en marcha o funcionamento de tres habitacións novas, dúas dobles e unha individual.

Aínda así, dende o Concello recoñecen que a ofialización do Camiño de Inverno rebaixou o número de camiñantes da Vía da Prata. O ano pasado foron preto de 5.000 os peregrinos que se pasaron polo albergue municipal de Dozón, unha cifra considerable.

Compartir el artículo

stats