Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Rafael Cuiña está nas antípodas do seu pai"

-¿Qué pode aportar vostede á comarca que non aportaron os outros tres senadores das terras do Deza?

-Máis que falar de diferencias, eu dicía que todos temos a idea de tirar pola comarca e pola provincia, dentro da parcela na que se atopa. Pero tamén é certo que cando estás na oposición, e isto pódello preguntar a Paula Fernández, podes presentar moitas máis iniciativas, mentres que pasa o contrario cando está gobernado o teu partido, porque o deixarías quedar mal. Pódeste lucir moito máis como senador cando formas parte da oposición, cando o partido que goberna é doutra cor, pero igual o tés máis difícil. É máis, cando o partido teu é o que goberna, moitas veces fas xestións que non podes airealas, por así decilo. Hai que aclarar que cando non estás gobernando, normalmente non eres presidente da comisión. Pense que, por exemplo, se agora gobernase o PSOE en Madrid, para min sería máis doado presentar iniciativas, ainda que o normal sería que o fixese a través do meu portavoz. Por iso eu prefiro ter o goberno da mesma cor, aínda que luza menos.

-Vostede coñeceu a Xosé Cuiña e a Rafa Cuiña. ¿Qué cre que tén que aprender o fillo do pai?

-Cada vez que se menta a Xosé Cuiña, o seu fillo di que estamos falando mal del. Querer comparar a Cuiña pai con Cuiña fillo é querer comparar a dúas cousas que non teñen nada que ver, e vaia por diante que Xosé Cuiña para min foi coma o meu pai político, e e relación miña con Rafael Cuiña é diferente. Cuiña pai tiña unha visión política diferente da do seu fillo. Rafael Cuiña está nas antípodas do meu antecesor.

Compartir el artículo

stats