Loa á literatura popular en Piloño

A Solaina celebra a súa XIII Forxa Literaria con regueifas, lendas e contos tradicionais

16.07.2017 | 05:57
Séchu Sende cos cativos regueifando no entorno da Solaina. // Bernabé/Javier Lalín

A Solaina de Piloño acolle a súa XIII Forxa Literaria en homenaxe a todos as personaxes anónimas, titulada Literatura Popular. Palabra Viva. Lendas, contos, regueifas, música tradicional, ágape enxebre, foron algunhas das pezas que se puideron ver, escoitar e gozar onte no recinto da Fundación de Paco Lareo.

O recinto da Fundación de Paco Lareo foi o lugar de reunión para personaxes anónimas da literatura. Regueifas, contos ou lendas podíanse escoitar onte polor arredores de A Solaina de Piloño, baixo o título Literatura Popular. Palabra Viva.

Membros da fundación, xunto con autoridades do municipio e da Xunta, realizaron a presentación para dar paso a xornada que comezou coa mesa redonda onde participaron Xosé Carlos García Porral, Séchu Sende e Vero Rilo. Porral asistiu para falar das lendas e da toponimia que "forman parte da identidade do pobo, é unha parte fundamental da nosa orixe", explica. Durante a conversa, expuxo o traballo realizado por alumnos do Pintor Colmeiro. "A través da toponimia pódese reconstruir unha paisaxe. É moi importante mantela, sobre todo na actualidade que cos avances tecnolóxicos estase perdendo", comenta Porral. Séchu asitiu á mesa redonda para falar do proxecto Regueifesta, que se está levando a cabo no instituto de Vila de Cruces. Para representar a nova xeración de regueifeiras, estiveron presentes Paula e Lorena, que son alumnas súas, e Estrela e Joana que son dúas cativas de 7 anos de Santiago. "A regueifa é unha forma de expresión que parecía extinguida despois do falecemento dos regueifeiros máis vellos, pero estase recuperando nas voces de mozos de 20 anos, sobre todo mulleres, e tamén entre os máis cativos", aclara Séchu. E por último, Vero Rilo transmitiu os contos populares que foman parte da nosa tradición.

Os homenaxeados, onte, foron os autores non coñecidos "no meu caso, eu escribo o que aprendo doutras persoas, doulle visibilidade en linguaxe escrita ao que outras persoas me contan", explica Porral. Tras realizar a descuberta da placa, Plácido Rozas fixo soar a gaita ao son da Muiñeira de A Solaina e o Himno de Galicia. Logo disto, celebrouse un recital poético con voces da zona. Este ano, a entrega da medalla A migo de A Solaina foi adicada a Asociación de Mulleres Rurais "Santa Cruz" de Piloño e o Museo do Pobo, polo seu labor incentivando a cultura popular galega. Para finalizar a xornada, no recinto, fíxose un ágape enxebre e tocou o grupo tradicional Sons da Mina.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine