Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"A xestión económica é exemplar, e batimos o récord histórico en gasto de políticas sociais"

-Vostedes pregonan que a súa prioridade son as políticas sociais, pero logo sacan peito pola xestión económica, fundamentalmente polas redución da débeda bancaria, algo que, en parte, lles vén imposto polo Estado...

-Sempre falo das políticas sociais, porque ninguén pode discutir -e ata o recoñecía a concelleira Paz Pérez, que levaba servizos sociais, nun pleno hai un ano- que este goberno batiu o récord histórico de orzamento en políticas sociais. Cando entrei como alcalde dixen que ía ser unha prioridade e así foi. E este ano, aínda se incrementa un dous por cento máis. A min o que me gustaría é que no futuro non fixeran falta tantos cartos para políticas sociais, o cal significaría que a xente está moito mellor e non lle fai falta. Pero a día de hoxe existe esta circunstancia e ninguén vai negar que este goberno apostou polas políticas sociais, evidentemente. Agora, a nosa xestión económica? É absolutamente exemplar. Atopámonos cun Concello practicamente en bancarrota, con moitísimas posibilidades de ter, por sentenza xudicial, unha multa engadida de 6 millóns de euros, polo tema do parquin, co cal nos iriamos a unha débeda de 12 millóns de euros e á bancarrota. Na compra do parquin fixemos unha negociación que aínda ninguén do Partido Popular me explicou como eu en vinte minutos conseguín rebaixar 400.000 euros e eles non o facían. Que pasa con eses 400.000 euros? Por que a nós nolos baixaron e a eles non? Pasamos dun Concello en quebra absolutamente a un Concello que quedará cunha débeda moi reducida, aínda que eu non creo na débeda cero nas administracións públicas. Temos un Concello exemplar en canto á xestión económica porque mo din moitos alcaldes por Galicia adiante. A final deste ano, a débeda quedará nos 2 millóns de euros, aínda menos do que se prevía, e partimos de 5,4 máis posibilidade de 12. Isto non o pode discutir ninguén. E a caixa do Concello vai estar por riba dos 7 millóns de euros, seguramente. Entón, cartos temos; o problema é que as leis de Montoro non nolos deixan gastar nos veciños. Esperemos que haxa unha reforma, porque xa falamos tanto coa Fegamp como coa Femp e estamos todos de acordo en que concellos coma o de Lalín, que están saneados, teñen que poder pagar eses remanentes, eses superavits, e mellorar as condicións dos veciños; é fundamental.

Compartir el artículo

stats