Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Sabiamos que ao principio ía custar, pero é evidente que a xente asumiu a peonalización e xa nola pide noutras zonas"

-Logo das conclusións do estudo de comercio encargado pola AED cunha achega municipal, cales son os pasos máis inmediatos?

-Imos crear unha comisión mixta de seguimento entre AED e Concello para estudiar, precisamente, estes seguintes pasos. Agora a radiografía está feita e temos que traballar nese sentido. O comercio ten que ser máis atractivo para a xente que vén de fóra, hai un forte déficit nese sentido, non sei se por descoñecemento, porque creo que temos un gran comercio. Non é normal que a xente do resto de Deza prefira mercar en Compostela e non vir a Lalín, que é a cabeceira da comarca. Temos que facer moito traballo, e accións como a Noite Branca son moi beneficiosas para visualizar esta posibilidade. E insisto en que todas as fins de semana temos eventos, sobre todo deportivos, de ámbito provincial, nacional e estatal, que traen moita xente que nos comenta que lle está gustando moito a nova imaxe de Lalín. A parte, a aposta de concellerías como a de Turismo, que leva Paco Vilariño, facendo traballos como nunca se fixeron é determinante absolutamente para que repercuta en todo despois.

-Mantén o seu propósito peonalizador? Prevé novas zonas ou rúas?

-Os datos din claramente que a xente está a favor desa peonalización, saen no estudo de comercio, non é algo que invente eu. Sabiamos que ao principio ía custar un pouco, pero o que é evidente é que a xente xa o asumiu e xa nos piden noutras zonas esta posibilidade, que non imos facer de momento. Vimos de presentar os traballos de humanización de Matemático Rodríguez, diante da estatua de Loriga, que tamén terá a posibilidade de ser peonil as fins de semana nos meses de verán, e xa está peonalizada as fins de semana Rosalía de Castro con moitísimo movemento, que creo que foi un éxito incontestable. Polo demais, evidentemente, o futuro marcará. Hai rúas con moitos comercios que eu creo que teñen que ser peonís, caso da rúa D, pero non se dan as circunstancias porque hai moitos garaxes e moitas cuestións de circulación que non o permiten. Así que nestes momentos non imos avanzar significativamente máis.

Compartir el artículo

stats