A 2ª Rúa de Zobra terá lugar o sábado 24 de xuño na Eira Vella desta parroquia lalinense. Baixo o lema Cantares da Serra, a festa comezará ás sete do serán e prolongarase ata ben entrada a madrugada coa animación dos grupos e solistas que se queiran achegar. Zobra Camiña, que se encarga da organización -en colaboración co Concello de Lalín e coa Deputación de Pontevedra- conta coa actuación dos grupos Xan Máis Elas e Tanxugueira, pero haberá moitos máis músicos que participarán por libre.

Os participantes poderán degustar, por un prezo de 10 euros, un menú formado por: Tortilla, lacón, pincho cerdeiriña, empanada, roscón, bebida e café. Amais, haberá servizo de bar con pinchos. As reservas poden efectuarse nos teléfonos móbiles 629 750 302 e 620 357 935 e os ingresos deberán materializarse no número de conta ES35 2080 5101 4930 40006491.

Esta cita da continuidade á celebrada o ano pasado baixo a denominación de "serán", que este ano decidiron cambiar por ser máis acorde a de "rúa". Ponte en marcha compañeiro / imos pasiño a pasiño / que na aldea de Zobra / agárdannos con cariño son os versos comúns aos distintos carteis distribuidos pola organización, nos que uns zocos presiden diferentes paisaxes da zona.