A Escola de Familias de Silleda, que se puxo en marcha hai dous meses, volve celebrar unha nova sesión o vindeiro martes, día 20, a partir das 20.30horas na Casa da Cultura. Nesta ocasión haberá unha conferencia do terapeuta e mediador familiar Carlos Vila, da Asociación para o Crecemento e Orientación Familiar. A asistencia é gratis e permítelles aos pais dispor de ferramentas á hora de manexar diversas situacións cos seus fillos.