Ampliar o castro nunha futura campaña

08.06.2017 | 03:35

A intención dende os promotores da escavación é que se faga outra campaña. "No caso de que a haxa, o obxectivo é seguir musealizando o espazo ampliando o lugar no que se encontra o castro", explica Trevín. Destaca tamén como "iniciativa pioneira" a de promover a escavación de un castro e considérao "un exemplo que se fai noutros países pero que aquí non acaba de calar, e é moi loable".

Manuel Blanco, presidente da Casa do Patrón, sinala que "pola miña parte faremos todo o posible para que haxa unha nova campaña, evidentemente depende das axudas que teñamos, pero faremos todo o posible dada a importancia que ten para a parroquia, para o concello e para o propio museo". Destaca e agradece o traballo da empresa encargada Argos S. L. e ao seu xerente David Fernández, tamén aos bolseiros e titores da Universidade de Santiago (USC) que se encargaron de executar as actuacións.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine