04 de junio de 2017
04.06.2017

... e Carboeiro volveu ser o máis similar ao Paraíso

Centros de veciños arroupan os Encontros de Música Tradicional nos seus 18 anos

04.06.2017 | 05:57

O primeiro sábado de xuño, desde hai 18 anos, é sinónimo de pandeiretas, gaitas e baile xunto ao mosteiro de Carboeiro. Os Encontros de Música Tradicional converten un dos espazos máis senlleiros da comarca dezá nun escenario ao natural no que está prohibida a entrada de pinchadiscos ou calquera outro instrumento que precise da corrente eléctrica. Porque do que se trata é de revivir aquelas xornadas na que se disfrutaba en grupo da música, sen teléfonos móbiles (a cobertura é mala en Carboeiro) e coa premisa de que, para pasalo ben, non hai idade.

Nin o desplome das temperaturas, nin sequera a final da Champions entre o Real Madrid e a Juventus foron un obstáculo para que os Encontros de Música Tradicional de Carboeiro celebrasen a súa maioría de idade congregando a centos de veciños e amantes deste enclave natural e dunha cita musical que xa está consolidada, desde hai anos, no panorama galego.

Coma sempre, as actividades comenzaban en torno ás 13.00 horas, cunha sesión vermú con varios grupos da contorna. E, se decimos que Carboeiro volveu converterse no máis parecido ao Paraíso, é mola música celestial que soou durante todo o día, pero tamén porque esta festa tén ata santa, coma en todo ceo que se precie. Santa Ferreña saíu, un ano máis, en procesión, e os fieis puideron poxar as andas. Non era a única protagonista da xornada, xa que nesta ocasión se organizou un debate en torno ás espadelas do Val de Vea, coa espadeleira Estrella Eiras e o constructor de espadeleiros Manuel Iglesias. Isto foi pola tarde, pero xa pola mañá houbo unha exposición, Para ir a unha espadela, que estivo acompañada polos títeres do Museo da Marioneta. A mostra destas pezas artesás que se usan para traballar o liño xa estivo no Museo do Pobo Galego. O seu encanto radica en que cada peza tén unha decoración case persoalizada e adoitaba pasar de xeración en xeración. E, falando de artesanía, os visitantes tamén puideron deleitarse, ou mercar, instrumentos tradicionais e en seres feitos en coiro, cerámica ou bisutería.

Para dármonos unha idea da afluencia que tivo onte Carboeiro, abonda con pensar que se esgotaron os 330 tíquets para comer debaixo da carpa. A toda esta xente hai que sumar as familias que deciden comer, manten sobre o chan, no entorno do cenobio e do río Deza.

Xa pola tarde, or programa ofreceu un amplo abanico de xogos tradicionais de diversas épocas e lugares para todas as idades, con Xandobela e Itaca de Compostela. Coma sempre, o patio do mosteiro converteuse nun recuncho de tocar, para todos os grupos e tamén os afeccionados que decidiron demostrar ante todos a súa arte. E outra das tradicións destes Encontros leva nome de lalinense, Celso Fernández Sanmartín. O contacontos volveu engailar ao público con Vivir do conto, contar a vida. Para esta actividade o escenario escollido foi a capela do mosteiro. Xa contra a noitiña, comezou a foliada que rematou cando as forzas de bailar e cantar foron indo a menos. A Asociación Intercultural Santa Ferreña é quen organiza este evento. Conta cunha colaboración económica do Concello e tamén co que se recauda na propia cantina da festa. E, mentres uns cantaban "¡gol!" na Champions, outros dicían "Que viva a xuventude, e a xente vella que non morra!".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

El San Payo A Estrada se luce este fin de semana

El San Payo A Estrada se luce este fin de semana

El Club Deportivo San Payo a Estrada se lució este fin de semana gracias a la...

Rafael Cuiña visita al C.D. Lalín antes de iniciar la temporada

Rafael Cuiña visita al C.D. Lalín antes de iniciar la temporada

| El alcalde lalinense Rafael Cuiña se acercó ayer al entrenamiento del C.D....

El Lalinense pasa a cuartos en la Copa

El Lalinense pasa a cuartos en la Copa

Vence al Luceros en un partido que se decidió en la prórroga - Arón anotó 14 goles

El CD Lalín homenajea a Ana Mouriño

El CD Lalín homenajea a Ana Mouriño

La trabajadora llevaba trece años a cargo de la lavandería del club

"Haremos un buen papel este año"

"Haremos un buen papel este año"

"La clasificación nos colocará donde lo merezcamos, según el nivel de entrenamientos"

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

La ACOE apuesta por fijar en el calendario una segunda feria de oportunidades, en la alameda

La ACOE apuesta por fijar en el calendario una segunda feria de oportunidades, en la alameda

-Realizará una encuesta entre los socios para conocer si hay interés y establecer una fecha para...

Antonio Viñas Otero: "Que el minifundismo siga presente es un problema que se arrastra hace siglos"

Antonio Viñas Otero: "Que el minifundismo siga presente es un problema que se arrastra hace siglos"

"El legado de los hidalgos del siglo XVII permanece en Deza por sus pazos"

Lalín recurrirá a cisternas para garantizar el suministro de agua y descarta decretar cortes

Lalín recurrirá a cisternas para garantizar el suministro de agua y descarta decretar cortes

El gobierno convoca un "gabinete de crisis", con reuniones semanales con Espina y Delfín -Por...

Bañadores en O Regueiriño

Bañadores en O Regueiriño

El campamento del BM Lalín goza con el agua

La Xunta "recomendó" no regar las zonas verdes

Alonso aprovechó su comparecencia de ayer para replicar al Partido Popular sobre sus...

Enlaces recomendados: Premios Cine