Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Arranxo do paso da Fábrica da Luz

Algúns veciños de Sestelo (Botos) e Vilar (Soutolongo) tentan conseguir que a vella Ponte da Fábrica da Luz, tamén sobre o Asneiro, sexa arranxada, logo de que hai máis de corenta anos unha enchente levara as trabes de madeira que servían de paso sobre dous piares de cachotería. Aquí o labor é moito máis complexo ca na anterior e mesmo presenta problemas para o ensanche do camiño ao afectar aos castros situados nunha e noutra banda do río. Desde que fora construída polos donos da Hidroeléctrica del Deza, a primeiros do pasado século, tivo que ser reconstruída en varias ocasións e agora, abandonada definitivamente a central, non parece rendible o labor. Se cadra un pasal metálico podería abondar para o paso de xente, que non dos tractores e vehículos a motor. O amigo Antonio Presas, veciño de Vilar, lembra que río abaixo había dous pasos pola Costa e o Porto dos Carros que se poderían recuperar.

Compartir el artículo

stats