| Vila de Cruces organiza desde onte e ata mañá diversas actividades para os nenos, bautizadas co nome de Galo Cativo e xa con vistas á multitudinaria celebración gastronómica da Feira do Galo de Curral, que terá lugar este domingo. Onte, os máis novos do municipio puideron participar nunha sesión de xogos tradicionais, no parque da residencia da terceira idade, e disfrutar dun concerto do grupo Odaiko Percussion Group, no auditorio Xosé Casal. Hoxe, de 17.00 a 19.00 horas, prográmase un obradoiro de debuxo sobre o escritor ourensán Carlos Casares, e unha ginkana fotográfica, que tamén se celebrará mañá pola tarde e que tén o punto de partida na Praza do Concello. Mañá sábado, tamén á mesma hora e na mesma Praza Juan Carlos I, terán lugar diversos xogos populares, que espertarán a imaxinación dos veciños máis novos do concello.