-O concerto do Galo Rock de Cruces é a primeira vez na que tocan xunto a Fillos do Estramonio e Astarot?

-Penso que si. Con Astarot xa toquei, pero con Recambios Tucho, que é a miña banda paralela. Con Fillos do Estramonio non me dou conta agora de ter tocado xuntos nun concerto. Xa digo que o cartel tén moi boa pinta, e agardemos que todo o mundo o pase moi ben porque é do que se trata, non?

-Moitos "bolos" este verán?

-Si, creo que temos dez concertos en total espallados por xullo e agosto. Cando máis temos é no mes de agosto porque en xullo temos menos, pero tamén moi interesantes. A verdade é que non nos queixamos porque a cousa vai moi ben. Nós estamos moi a gusto no escenario, e o directo é algo moi importante para unha banda como Heredeiros da Crus.

-Vai haber novo traballo discográfico de Heredeiros? Vaise parecer aos anteriores?

-Posiblemente teremos disco novo para o ano que vén, penso eu. Seguramente será como o anterior mesmo. O que pasa é que o anterior está moi ben e vainos custar un pouco superar iso, pero ímolo tentar. Aínda que é certo que a nós nos gosta o directo, si que é certo que todo tén o seu momento. A mín mólame meterme no estudio para gravar. É diferente, pero cando fas cancións novas a cousa mola moito. Despois tócalas en directo e tamén é moi gratificante porque comprobas se chegan á xente. Como sempre digo nestes casos, no novo disco verase que temos máis experiencia e que seguimos coas ganas do primeiro día. Por iso, no novo disco de Heredeiros da Crus seguro que a única novidade que ides atopar é que van ser temas novos.