21 de mayo de 2017
21.05.2017

A música sae dos auditorios

A Praza da Vila de Lalín acolle o I Serán das Letras Galegas e o Coro Vales Mahía celebra o IV Encontro de Voces en Carboeiro

21.05.2017 | 03:28
A edil de Cultura, Lara Rodríguez, xunto ás Pandereteiras de Zobra. // Bernabé/Javier Lalín

A música reduce a dor e o estrés, ao mesmo tempo que aumenta o rendemento e axuda a descansar mellor. O baile, pola súa banda, contribúe a queimar graxa e incrementa a elasticidade das articulacións. E se, por riba, se pode disfrutar destas dúas disciplinas nun entorno ao aire libre, as vantaxes ainda son maiores. Nenos e maiores da comarca tiñan onte ao seu dispor un amplo programa no que a música tradicional e a coral deixaban claro que a zona centro de Galicia é desde hai tempo, e seguirá séndoo, un referente na coñecida como cuarta arte na época clásica.

O bo tempo invita a pasear, a deleitarse cos contrastes de cores da primavera e, por qué non, a descubrir cómo soa a música nun entorno ao aire libre ou nun espazo diferente aos escearios habituais. Onte, na comarca dezá sobraban os motivos para deixarse levar polo sentido do oído e as sensacións que desata a música. En Lalín, a Praza da Vila acolleu o primeiro Serán das Letras Galegas, co que a Concellería de Cultura quixo poñer o broche de ouro ás celebracions do pasado día 17. A velada serviu para rendir homenaxe ás Pandereteiras de Zobra, parroquia que, por certo, o ano pasado organizou o seu primeiro serán da man do colectivo Zobra Camiña. As ferreñas soaron durante boa parte da tarde, grazas a estas veteranas pandereteiras e media ducia de grupos: Ailola, Ponte da Prata, As Maruxeiras e as dos grupos Os Trasnos, A Carballeira de Cercio e Os Dezas. O presentador non podía ser outro que Celso Fernández Sanmartín, enciclopedia humana das tradicións populares e da transmisión oral da comarca.

Non sería a única cita co ritmo que acollía onte Lalín. Na parroquia de Doade, o auditorio do Museo Casa do Patrón serviu de escenario para un doble concerto de coros, o que ofreceron a Coral Polifónica de Lalín, baixo a dirección de Benxamín Otero, e o Coro Infantil Luis Areán, con Isabel Rubio á fronte.

E, falando de música coral, o mosteiro de Carboeiro volveu demostrar, por enésima vez, que é o máis parecido ó paraíso á hora de asistir a un concerto. Se a principios de mes foi o enclave elixido polo cuarteto de saxofóns Dextrum Ensemble, onte o coro Vales Mahía organizou, por cuarto ano, o Encontro Voces en Carboeiro. Ademais da organización anfitriona, o altar e deambulatorio da igrexa foron o fondo para as actuacións da Coral Polifónica de Santa Cruz de Ribadulla e a Coral Polifónica de Bueu.

E por se aínda quedaba alguén con ganas de mover as cadeiras, en dez locais do casco urbano de Vila de Cruces organizáronse á noitiña os terceiros Cantos de Taberna. Os Ke Ai, Sons da Fervenza, Os Varacuncas, Sons da Mina e Sin Son Ghaiteiros percorreron os locais ata preto da media noite animando a clientes e hostaleiros.

Silleda, a Barbadás

Hoxe, a música segue no auditorio da Semana Verde, a partires das 18.00 horas coas audicións dos alumnos da Escola de Música. Ademais, as bandas infantil e xuvenil de Silleda participan no Festival de Bandas de Música Infantís e Xuvenís de Barbadás (Ourense).

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

El CD Lalín ficha al entrenador de porteros Ángel López

El CD Lalín ficha al entrenador de porteros Ángel López

| El Club Deportivo Lalín acaba de confirmar la fichaje del entrenador de portero...

Finaliza el campus de fútbol de Agolada que contó con 30 niños

Finaliza el campus de fútbol de Agolada que contó con 30 niños

| El Concello, en colaboración con la S.D. Agolada, que finalizó ayer el campus de...

Álex Marque: "Cuando haces todo lo posible por estar delante tienes que estar contento"

Álex Marque: "Cuando haces todo lo posible por estar delante tienes que estar contento"

El estradense analiza su actuación en la Volta a Portugal, en la que finalizó quinto

El estradense Carracedo participará en el Rally Princesa de Asturias

El estradense Carracedo participará en el Rally Princesa de Asturias

Mañana tomará la salida en el RallyMix de Piñor a bordo de su Renault 5 Gt Turbo

Christian Costoya alcanza un quinto puesto en Leiría

Christian Costoya alcanza un quinto puesto en Leiría

| El joven piloto trasdezano Christian Costoya participó el pasado fin de semana en la...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

La reunión para informar sobre el ´catastrazo´ será en el aula de la UNED

Concello de Lalín y sindicato Unións Agrarias organizarán el lunes una reunión abierta a la...

Monte Cabalar lucha por su subsistencia una década después de su puesta en marcha

Monte Cabalar lucha por su subsistencia una década después de su puesta en marcha

Las pérdidas causadas por los ataques de lobo, muchas de ellas no indemnizadas, y las "irrisorias"...

Petición de reunión por las obras de Matemático

Vecinos y comerciantes de la calle Matemático Rodríguez solicitaron una...

Lalín y Silleda promueven concentraciones por los atentados de Cataluña

Lalín y Silleda promueven concentraciones por los atentados de Cataluña

Decenas de vecinos participan en los actos simbólicos convocados ante los consistorios

Acometen mejoras en la rúa 4 y en una pista de la parroquia de Cristimil

El Concello de Lalín comenzó ayer a acondicionar una escombrera propiedad del...

Enlaces recomendados: Premios Cine