20 de mayo de 2017
20.05.2017

Ana Cabaleiro, no Club de Lectura o vindeiro xoves

20.05.2017 | 03:32

O Club de Lectura da biblioteca municipal Daniel Castelao pechará o curso o próximo xoves, día 25, e faino cunha sesión especial. A xornalista trasdezá Ana Cabaleiro compartirá un coloquio cos asistentes en torno á súa primeira obra literaria Sapos e sereas, que publica a editorial Galaxia. O encontro terá lugar a partir das 20.30 horas e está aberto a todos os veciños do municipio, non só aos membros do club de lectura. Cabaleiro, que naceu na parroquia de Saídres, presentou en Silleda semanas atrás este libro de relatos no que a maioría das protagonistas son mulleres. Ademais de levar varias décadas traballando como xornalista, Cabaleiro está moi especializada en determinados ámbitos como a discapacidade intelectural ou a cooperación para o desenvolvemento.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine