18 de mayo de 2017
18.05.2017

Deza ponlle melodía ao Día das Letras Galegas

Lalín, Silleda e Vila de Cruces festexan a celebración con distintas homenaxes á música tradicional en forma de concertos

18.05.2017 | 11:33

A música tradicional vai ser a protagonista este ano en Deza no Día das Letras Galegas. Lalín, Silleda e Vila de Cruces rendéronlle homenaxe ás distintas formas desta expresión artística na semana adicada á figura do escritor Carlos Casares. Silleda albergou onte un certame con oito grupos de música tradicional, Lalín un concerto no seu consistorio, mentres que na Solaina de Piloño, hoxe, Senén Vaamonde ofrecerá o seu "Cantarolas pra xente miúda". O broche de ouro poñerase este sábado na Praza da Vila da cabeceira comarcal dezá co Serán das Letras Galegas adicado ás prestixiosas Pandereteiras de Zobra.

A música tradicional é este ano en Deza a banda sonora do Día das Letras Galegas, adicado a Carlos Casares. Lalín, Silleda e Vila de Cruces centraron onte, e farano tamén hoxe e o sábado, esta celebración con concertos variados. Trasdeza albergou onte o Festival de Música Tradicional, organizado dende a Escola de Música de Silleda en colaboración co Concello. O festival contou coa presenza das formacións Aires do Trasdeza, do Colexio Plurilingüe María Inmaculada da capital municipal; Gaiteiros da Pereiriña, de Ansemil-Martixe; as Pandereteiras A Saleta de Siador; a asociación cultural Xirandola, de A Bandeira; O Son da Fervenza, de Escuadro; Pau de Buxo, de Saídres; Os Carqueixas de Lamela e finalmente a Aula Tradicional da Escola Municipal de Silleda. O evento levouse á rúa e comezou na Praza Siñor Afranio, onde os oito grupos interpretaron xuntos oPasodobre San Roque e o Himno Galego. Dende alí os grupos partiron dando un pasarrúas ata o auditorio da Semana Veronde tivo lugar o festival presentado por Carlos Pedreira, guitarrista do grupo Voces da Terra, de Vila de Cruces.

Precisamente, en Cruces terá lugar hoxe, ás 14.30 horas na Solaina de Piloño, un evento relacionado co Día das Letras Galegas. Trátase dun concerto didáctico que, baixo o título de "Cantarolas para xente miúda", está dirixido a todos os públicos. O evento evoca as figuras do cantante de Regodobargo, Suso Vaamonde, e do escritor de Gres, Xosé Neira Vilas. A interpretación correrá a cargo de Senén Vaamonde e de dous músicos do grupo de música tradicional A Roda. A duración do concerto será de arredor de 50 minutos e a entrada é libre. Estas "Cantarolas" aparecen recollidas nun disco infantil que inclúe os poemas de Neira Vilas musicados por Vaamonde como Cabaliño Novo, Cantarela dos nenos o Soñei co tuturutú. Ademáis recolle o tema Ensoños, con letra do propio Suso Vaamonde.

Por último, Lalín celebrou onte á tarde a xornada cun concerto da súa banda xuvenil e da coral polifónica da localidade. A edil de Cultura, Lara Rodríguez Peña, presentou pola mañá o"Serán das Letras Galegas" que terá lugar este sábado na Praza da Vila. O evento nace como colofón á celebración e "con a intención de que perdure". Estará adicado ás Pandereteiras de Zobra, e dará comezo ás 18.00 horas. No certame participan os grupos de pandereteiras das formacións Ailola de Lalín, Os Trasnos de Doade, Carballeria de Cercio, Ponte da Prata de Botos, Os Dezas de Moneixas e As Maruxeiras de Vilatuxe. No acto celebrado no museo municipal lalinense tamén estivo presente, entre outros, Celso Fernández Sanmartín, presentador da actividade, que destacou a valía social e musical deste grupo feminino de Zobra.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine