17 de mayo de 2017
17.05.2017

2.000 linguas defendendo unha

Estudantes de A Estrada, Forcarei e Silleda secundaron unha nova edición do Correlingua

17.05.2017 | 03:21
A marcha rematou na Praza da Feira, onde houbo actuacións e se leu un manifesto. // Bernabé/Cris M.V.

Una auténtica marea laranxa inundou onte pola mañá as rúas de A Estrada, que acolleron un ano máis a celebración do Correlingua, unha xornada lúdica e reivindicativa a prol da defensa da lingua galega. "A rapazada de A Estrada é do máis marchosa que hai", dicía o deputado provincial Xosé Leal no medio do rebumbio de cativos, mostra das gañas e do sentimento expresado polos estudantes de doce centros, da localidade, de Forcarei e de Silleda.

"En galego sen cancelas; falan eles, falan elas" foi onte unha das frases cantadas polos preto de 2.000 rapaces que, segundo a organización, participaron no Correlingua que percorreu pola mañá parte das rúas de A Estrada para rematar na Praza da Feira, con actuacións musicais e coa lectura dun manifesto a prol da lingua galega.

"O galego dache máis", "Precaución, falar galego ten o risco de namorar" ou "A lingua é a chave. Abre as portas co galego" foron algúns dos lemas impresos na gran cantidade de pancartas que portaron os estudantes, pertencentes a tódolos centros educativos de A Estrada e ós institutos Chano Piñeiro e Pintor Colmeiro, de Forcarei e Silleda, respectivamente. Xa na Praza da Feira, cativos do colexio de Figueiroa leron tamén un pequeno manifesto acompañado de música e os do Villar Paramá bailaron un rap moi reivindicativo. Logo, A Compañía do Ruído, animou o resto da mañá e mesmo puxo a seguir as súas letras ó deputado provincial Xosé Leal. O edil de Cultura estradense, Juan Constenla, tamén estivo presente nos actos. Unha solta de globos xigantes -un por cada centro participante- puxo o punto e final á celebración.

Por outra banda, A Estrada conmemora hoxe o Día das Letras Galegas coa habitual ofrenda floral diante do monolito dos irmáns Valladares, nos xardíns municipais, e coa lectura do pregón a cargo do dramaturgo Eduardo Alonso que, en caso de choiva, se fará nos soportais do consistorio. Será ás 12 horas e incluirá a actuación da Banda de Gaitas de Barbude. Tamén hoxe, A Fervenza de Ouzande, se o tempo o permite, ten previsto celebrar a XII Ruta das Letras, que partirá ás 9.30 horas da igrexa parroquial.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine