Miguel Adrián Pazos Alonso fará a súa presentación oficial como director da Banda de Música Municipal de Agolada o vindeiro sábado. Será no transcurso do seu primeiro concerto en público coa formación, que terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Manuel Costa Casares. O recital está organizado pola propia banda en colaboración co Concello de Agolada. Adrián Pazos (Arnois-A Estrada, 1987)iniciouse musicalmente na Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla. Mestre de conservatorio, asume a súa primeira experiencia á fronte dunha agrupación musical. Releva no cargo a Nilo García Armas.