06 de mayo de 2017
06.05.2017

Viravolta Títeres e Seisdedos actúan na séptima Feira dos Carballiños

06.05.2017 | 03:46

A Feira dos Carballiños de Vilatuxe, que celebra a séptima edición o 14 deste mes, contará entre as súas actividades con dúas funcións de marionetas, grazas ás compañías Viravolta Títeres e Seisdedos. Os actores de Viravolta poñerán en escea a peza Xan Miñoca, unha obra apta para todos os públicos, que dura uns 50 minutos e que se fai con títeres de luva. A trama xira en torno a unha personaxe á que se lle atribúen terribles crimes, e que tén que enfrontarse ó cura, ó rico e ó pastor para conseguir os amores de Consolación. A representación contará coa música en directo dun pianista.

Pola súa banda, Seisdedos chega a Vilatuxe coa obra MaeseSeisdedos, o cego dos monifates. É unha proposta de teatro de rúa con bululú e marionetas tradicionais, tamén para todos os públicos e idónea para representar en festas, feiras, mercados ou festexos históricos. Neste caso, relata o día a día da compañía teatral que conforman o cego e titiriteiro ambulante mailo seu lazarillo. O lazarillo manipula os títeres oculto na capa do cego, mentres este toca a zanfona para narrar contos medievais e populares, ademais de romances históricos ou cancións tradicionais.

As funcións serán sobre as 12.30 e as 17.00 horas. Forman parte dun completo programa onde non faltaran personaxes que xa acudiron outros anos a esta recreación da feira, como o barbeiro, os tratantes de gando, os artesáns e comerciantes ou as mozas que pasean pola feira, tal e como o facían na época dourada da mesma, na década dos 60.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine