"Pero que jallo é!"

Vila de Cruces acolle na noite do 27 de maio o primeiro Festival Galo Rock, no que actuarán Heredeiros da Crus, Astarot e Fillos do Estramonio

05.05.2017 | 03:17
Heredeiros da Crus, durante o seu concero no festival Revenidas, de Vilagarcía. // Noé Parga

As entradas levan á venta un día e xa se despacharon 300, entre a web de Abanca e os case 20 puntos físicos repartidos en varios concellos da contorna. O primeiro Festival Galo Rock, no campo da feira de Vila de Cruces, animará a véspera da Festa do Galo de Curral, a cita gastronómica máis coñecida do municipio dezano. Se o ano pasado o preludio fora un desfile de galos e galiñas, esta vez leva nome de música en galego e con historia.

Era o único que lle faltaba á Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces: organizar un certame musical no que, dalgunha maneira, esté presente esta ave. Se un se pón a pensar, hai cancións de case todos os estilos nos que o galo (pola súa simboloxía) é o protagonista, dende Gallo de pelea, de Juan Pardo ou tamén de Los Tigres del Norte, ata Qué jallo é, un dos temas máis coñecidos de Heredeiros da Crus. É precisamente este grupo de rock bravú, fundado en Ribeira fai 25 anos, o que será cabeza de cartel do Festival Galo Rock, que terá lugar o sábado 27 de maio no campo da feira cruceño.

As actuacións comezan ás 22.00 horas, e o programa complétase con outro histórico da música en galego, Astarot, e un sexteto que, como quen di, acaba de empezar (fundouse en 2011), Fillos do Estramonio. Astarot é ben coñecido por misturar rock con sons folk, logrando versións tremendas de temas populares (léase A Rianxeira) e musicando, tamén, pezas da talla de Negra Sombra, un dos poemas creados por Rosalía de Castro. En canto a Fillos do Estramonio, dende o seu perfil das redes sociais aseguran que o rock é un ingrediente ó que lle engaden humor.

A organización deste festival corre a cargo dun hostaleiro do municipio, e de seguro que animará a noite previa á cita máis multitudinaria de Cruces. As entradas custan 20 euros, pero se se mercan de xeito anticipado quedan en 15. Están disponibles preto de 2.500, aínda que 300 xa se despacharon durante a xornada de onte. Poden adquirirse no sitio web www. entradasabanca.es, así como nos seguintes locais: Cafetería Eureka, na Estrada; Pub Kirós, en Rodeiro; Café Bar O de Mario, en Arzúa; Cafetería A Fundación e Cafetería A Solaina, en Melide; Café Bar Rosaleda, en Lalín; Café Bar Trujillo, en Silleda; Cafetería Capitol, en Chantada; Pub Agarimo e Disco Precio, en Santiago; Cervecería 1900, en Sigüeiro; Café Bar Bruselas, en Monterroso, e Disco Cactus, en Vila de Cruces, ademais de nas Tendas Bernabé da Estrada, Lalín, Silleda e Vila de Cruces. Están á venta ata o día 25.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

El CD Lalín homenajea a Ana Mouriño

El CD Lalín homenajea a Ana Mouriño

La trabajadora llevaba trece años a cargo de la lavandería del club

"Haremos un buen papel este año"

"Haremos un buen papel este año"

"La clasificación nos colocará donde lo merezcamos, según el nivel de entrenamientos"

El Estudiantil revalida el título del Torneo Concello de A Estrada

El Estudiantil revalida el título del Torneo Concello de A Estrada

Venció al Estradense en los penaltis tras empatar 1-1 en los primeros 90 minutos

Javier Busto: "Es la prueba más dura que corrí este año"

Javier Busto: "Es la prueba más dura que corrí este año"

"Vi el nivel que hay en España y sabía que podía estar arriba"

El CD Lalín ficha al entrenador de porteros Ángel López

El CD Lalín ficha al entrenador de porteros Ángel López

| El Club Deportivo Lalín acaba de confirmar la fichaje del entrenador de portero...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

Los concellos llaman al consumo responsable de agua y la sequía afecta a traídas particulares

Los concellos llaman al consumo responsable de agua y la sequía afecta a traídas particulares

Una veintena de casas de Vila de Cruces están sin suministro comunal -Agolada multará a los que...

Multas de entre 600 y 30.000 euros

Según la Ley de Tráfico, la administración podrá ordenar el traslado del vehículo a un centro...

Doble bombeo para Silleda y A Bandeira

Silleda es el único municipio de Deza que no está teniendo ningún tipo de...

Arde casi una hectárea de arbolado en Cortegada

Arde casi una hectárea de arbolado en Cortegada

El incendio estuvo activo más de una hora y arrasó con 2 hectáreas cerca de la PO-201

Crespo acusa al Concello de desatender el cuidado de zonas verdes y rotondas

Crespo acusa al Concello de desatender el cuidado de zonas verdes y rotondas

-Atribuye el deficiente de estos espacios públicos "a que no se regaron en todo este año" -Pide...

Enlaces recomendados: Premios Cine